Educación e Cultura - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O sábado 1 de outubro arranca a Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Comeza coa agrupación Teatro de Cámara Ditea coa obra de Roberto Vidal Bolaño Animaliños. Sitio web de Teatro de Cámara Ditea Facebook Teatro de Cámara Ditea ANIMALIÑOS é a creación dunha persoa moi observadora, dun autor, Roberto Vidal...
O 1 de outubro remata o prazo de preinscrición na Uned Senior. Se estás interesado/a en matricularte podes facelo pinchando no seguinte enlace. As materias que se ofertan este cuadrimestre son as seguintes: Aproveitamento dos Nosos Montes. Producción e Coidado Ambiental Prof. Carme Freire Cultura Musical da Galiza. Prof. Jose Luís Dopico Riscos no Fogar. Autoprotección en...
A Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado "Alter Ego". Representaránse 5 obras que serán as seguintes: sábado 1 de outubro - 21.00 horas Animaliños a cargo de Teatro de Cámara Ditea domingo 2 de outubro - 20.30 horas Mousike e as Kronomusas a cargo de Vacaloura Teatrica venres 7 de outubro - 20.30 horas L a cargo de...
A compañía Volta e Dálle Teatro, achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción Dura Lex. A función terá lugar o vindeiro venres 30 de setembro ás 20.30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é de balde (ata completar aforo) e pode adquirse unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Máis información no sitio web de Volta e Dálle Teatro ...
Rock in Rian 2016, o sábado 10 de setembro no Parque Galiza; coas actuacións dos Cuchufellos, Dakidarria, Zënzar, Malfalda e Nao Máis información no Facebook das Juadalupeñas
Outro ano máis en Rianxo terá lugar a celebración das FESTAS DA GUADALUPE, nese ano será lo venres 9 ao 16 de setembro. Máis información no sitio web GUADALUPE RIANXO FACEBOOK FESTAS DA GUADALUPE
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2016. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que...
VIII Campus Musical da FGBMP en Rianxo do 29 de agosto ao 1 de setembro. Abertos a todo o público, no VIII Campus Musical da Federación Galega de Bandas de Música Populares, concertos na Praza Rafael Dieste ás 20.00 horas: - Martes 30 de agosto: concerto de Odaiko Percussion Group - Mércores 31 de agosto: concerto do alumnado e profesorado participante no campus - Xoves 1 de setembro: concerto...
NOTA: o concerto comezará cando remate a carreira O Castelo da Lúa, aproximadamente a eso das 23.30 horas. Cris Román, presenta o seu disco "A Cuentagotas" en Rianxo; ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 20 de agosto ás 23.00 horas no Campo de Arriba. A cantautora ven de gañar o concurso Cultivando Música na categoría pop-rock e cantará no escenario do Festival da Luz. Facebook Cris Román
Música na noite, con Barahúnda en quinteto, no que presentarán cancións do seu novo traballo Múdanse os ventos. O concerto será o vindeiro sábado 27 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste.
Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta noite, a proxección de cine trasládase ó Auditorio de Rianxo. "El abuelo que saltó por la ventana y se largó", ás 23.00 horas (acción, comedia, non menores de 7 anos)
O vindeiro sábado 20 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar no Parque da Martela unha Homenaxe a Prudencio Romo dos Tamara a cargo da Banda de Música de Lousame e da Coral da Escola de Música de Rianxo. O concerto pertence ó XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.
O vindeiro venres 26 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar o peche do XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocación a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un Concerto das Músicas do Cinema Animado.
O mércores 10 de agosto, ás 23.00 horas, no Centro Cultural do Araño NOITES DE CINE, coa proxección da película "James y el melocotón gigante"
17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais
17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais
17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais
17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais
17 Actuacións | 8 Grupos | 4 Concellos e un mesmo fin:música en directo de xeito simultáneo en toda a comarca do Barbanza Máis información na páxina de facebook vermús musicais
Máis información na páxina de facebook das Juadalupeñas
Festas de Asados Máis información no facebook de Festas de Asados
José Manuel López (Discópilis Jazz, RNE, 11/06/2016): "Alfonso Calvo acaba de publicar o seu segundo disco, Sea Ahead.Trátase dun gran disco con estupendas composicións na liña do jazz moderno e moi boas interpretacións". Alfonso Calvo Septet está formado por Pablo Castaño (saxo alto, soprano), Xosé Lois Miguélez (saxo tenor, frauta), Rubén Salvador (trompeta, fliscorno), Bruno Valle (trombón),...
Patty Lesta & The Hits ven ser un cuarteto formado por contrabaixo (Pachi Cruz), Batería (Carlos Bastón), Piano (Cristian Leggiero) e Voz (Paty Lesta). Enfrontan un percorrido por algúns dos HITS máis importantes da historia da música versionados, arranxados e adaptados ao cuarteto aos estilos del Swing, Soul, Blues e Funky, entre outros.
O xoves 4 de agosto, a galega Alba María ofrecerá un concerto dentro das Noites de Jazz. ALBA MARÍA (1995), de ascendecia lucense, naceu nas Palmas de Gran Canaria. Estudou música no CMUS de Vigo. En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e en 2014 preséntase e gaña o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. No...
As Noites de Jazz de Rianxo son tradicionalmente abertas polos distintos combos que forma ad hoc a sección de jazz da Escola de Música de Rianxo, dirixida polo Jazzman, compositor e arranxador, Alfredo Susavila. Nesta ocasión, a formación que nos presenta, a EMR Jazz Essemble, formouse no 2013 -un ano despois de iniciarse o ensino jazzístico na entidade-, e está composta por Valentin Rial (Sax...
O vindeiro domingo 14 de agosto, a partir das 21.30 horas, terá lugar o XIV Festival de baile e música tradicional da Escola Aleivosía.
Continua o XII Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo; o sábado 13 de agosto, ás 21.00 horas, no Parque da Martela terá lugar o concerto da Banda Municipal de Padrón.
Outro ano máis terá lugar a Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque coa colaboración do Concello de Rianxo, do 27 ao 31 de xullo Rianxo convértese no epicentro mundial da zanfona. Máis información e inscricións no sitio web de aCentral Folque
Noites de cine en Leiro, o vindeiro martes 26 de xullo ás 23.00 h nas pistas deportivas de Rañó.
O venres 22 de xullo, desenvolveranse os seguintes actos literarios: 13.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Presentación do libro O perveso goberno de Feijoo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento 19.30 horas, BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Presentación do libro Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz, e do documental Porta para o exterior de Sabela Fernández...
Na zona do naútico, o domingo 24 de xullo
No Parque da Martela, este sábado 23 de xullo, ás 21.00 h. dará comezo do XII Ciclo de Bandas.
O vindeiro xoves 21 de xullo, arranca en Rianxo a Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Aluminos Cortizo e o Concello de Rianxo. 13.00 horas, INAUGURACIÓN Actuación musical Historias por escribir con Pepe Sendón e Sabela Galbán. Pregón a cargo de María do Cebreiro 18.30 horas, actuación Maxía de aquí e...
O domingo 24 de xullo, terán lugar as seguintes propostas: 11.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro escrita creativa para rapaces e rapazas a cargo de Andrea Barreira Freije (escritora e docente de escrita creativa) de Urco Edicións, con presenza de Xosé Ducan 12.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro-campionato do xogo de cartas Ophiusa: a terra dos...
O venres 22 de xullo e o sábado 6 de agosto, no Paseo da Ribeira (zona xunto ó busto de Castelao) haberá dúas observacións astronómicas ás 22.30 horas.
O venres 22 de xullo e o sábado 6 de agosto, no Paseo da Ribeira (zona xunto ó busto de Castelao) haberá dúas observacións astronómicas ás 22.30 horas.
Uxía e Magín na casa de Manuel María, Canta o Cuco; o venres 22 de xullo, ás 21.00 horas na Praza Castelao
Festival Internacional de Baile Tradicional, o xoves 21 de xullo, ás 22.30 horas na Praza Castelao
Advertimos erros no cartaz anterior anunciador das Noites de Cine 2016 As proxeccións serán as seguintes: Mércores 6 de xullo, en Taragoña Martes 12 de xullo, en Asados Martes 19 de xullo, en Isorna Martes 26 de xullo, en Leiro Mércores 10 de agosto, en Araño Mércores 17 de agosto, en Rianxo
Debido a un erro no cartaz xeral anunciador do programa Noites de Cine 2016, no que se poñía o cine para Isorna o mércores 20. A data correcta é o MARTES 19 DE XULLO ás 23.00 horas, na que se proxectará na Escola de Quintáns en Isorna a comedia "La gran seducción" Os habitantes de Tickel Head, un pobo costeiro de Canadá, antano de orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de...
Este ano a Festa da Xouba muda de día para o sábado 23 de xullo, en breve a programación.
Do 29 ao 30 de xullo, celébrase en Taragoña o IX Festival Antrospinos. Facebook Festival Antropinos
A Escola de Música de Rianxo e o alumnado de primaria do Coro do CEIP Ana María Diéguez de Asados desprázanse a Outeiro de Rei, terra de Manuel María para homenaxealo co concerto Os Soños na Gaiola participando na III Convivio da Cultura Galega. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana María Diéguez, Fundación Manuel María e...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
No Auditorio de Rianxo este venres 8 de xullo, terá lugar o Festival fin de curso da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro martes 12 de xullo, ás 23.00 horas, terá lugar no Patio do CEIP Ana Mª Diéguez a proxección da película Viva la libertad dentro do programa Noites de Cine. Enrico Oliveri, secretario do principal partido da oposición, é un político en plena crisis que decide un día abandoar os seus compromisos e refuxiarse nunha casa en Francia. O seu secretario, desesperado por calar os rumores...
O vindeiro xoves 14 de xullo, ás 21.00 horas, terá lugar no Bar A Lareira (no Pazo en Rianxo), a presentación do libro biográfico DONATO. No acto estará presente o autor da publicación Hector Pose, así como tamén o protagonista Donato Gama da Silva e o Concelleiro de Deportes e Patrimonio Histónico Xusto Ordóñez.
Por mor das malas condicións atmosféricas (nubosidade), a observación astronómica prevista para esta noite aprázase. En breve informarase da nova data. Dentro do Programa Todocosmos, o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 23.00 horas, terá lugar no Paseo da Ribeira (xunto o Busto de Castelao) unha observación astronómica no que entre outros elementos poderase observar Saturno, Xúpiter, A Lúa,...
No BOP núm. 108, do 8 de xuño do 2016, a Deputación de Coruña ven de abrir o prazo de solicitude para diferentes convocatorias de axudas a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de solicitude remata ás 14.00 h do venres 15 de xullo. As convocatorias son as seguintes: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS DE MÚSICA POPULARES E ENTIDADES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO DA...
A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro. Entregaráselle en Rianxo o 25 de xuño, na que será a vixésimo segunda edición. Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como...
Un adianto da programación cultural para o mes de xuño no Concello de Rianxo
A Escola de Teatro Airiños o sábado 18 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo presenta a nova produción Con S de Super. A obra está representada polo grupo " Os Kabramakabra" integrado por Lucía, Silvia, Carmela, Rebeca, Luismi e Marco.
A Escola de Teatro Airiños presenta o Lobishome o sábado 11 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. A obra, que é unha adaptación da escrita por Paula Carballeira, está interpretada por "Os Fantásticos" que son: Uxía, Breogán, Zaire, Iria, Lucía, Sara, Lois e Mateo.
A Sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, acollerá entre o 3 e o 25 de xuño, a exposición ADEVAL, pintando entre amigos. Na exposición poderase ver obras dos seguintes pintores e pintoras: Ángeles Garrido, Antía Cajaraville, Pepe Potel, José Garrido, Sonia Valiño e Suso Moure. A inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 20.00 horas.
Presentación do libro Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas nas escolas vellas de Asados con lecturas dramatizadas e intervencións do Teatro Airiños, o sábado 28 de maio ás 20.30h
Inscrición na actividade O Corpo Fantasma