Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
SUSPENDIDO O vindeiro 1 de maio terá lugar na parroquia de Isorna a clausura do Ciclo de Concertos nas Parroquias que ven desenvolvendo a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo durante o inverno e a primavera. A partir das 16.00 horas no Souto en Isorna haberá hinchables, xogos, obradoiros,... coa colaboración Dfábula. Ás 18.00 horas, Concerto do Conxunto Instrumental e da Banda Xuvenil...
A Asociación de Desarrollo Local Deloa (grupo de Desenvolvemento Rural, que traballa nas comarcas de Barbanza, Sar, Noia e concello de Muros) están a poñer en marcha o proxecto Interritmos Deloa, que pretende a reactivación do patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional. Para levar a cabo o proxecto realizarán dúas accións: SEMINARIO: Música Tradiconal e Industria...
A Fundación Paideia, no marco do programa de actividades culturais da Excma Deputación Provincial de A Coruña, está a poñer en marcha o programa Outra + Outra 2015, para a promoción de grupos de música de estilo pop rock. No marco deste programa levaranse a cabo dúas audicións: AUDICIÓN EN RIANXO - 16 de maio - 11.00 a 14.00 - Auditorio AUDICIÓN DE RIANXO: que terá lugar o día 16 de maio de...
O vindeiro mércores 6 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto a cargo da Orquestra do Espazo de Cámara da USC, un paseo pola música. Interpretarán obras de Dowland, Danzi, Tchaikovsky, Grieg, Bartok e Piazzolla, baixo a dirección de Mario Diz e co acordeón de Javier Díaz. Os profesores participantes son; Roberto Santamaría, Sara Enmanuela Olianas, Guillermo...
Venres 1 de maio, a partir das 17.00 horas, no Campo de Arriba, Feira Labrega e Artesana de Rianxo, Sachos á rúa, organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo.
O venres 5 de xuño, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Os cruceiros do Concello de Rianxo, de Xesús Antonio Gulias. No acto interverán Clodio González Pérez (etnógrafo), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor.
O vindeiro venres, 1 de maio ás 21.00 horas, a artista SES xunto coa súa banda presentan no Auditorio de Rianxo o seu novo traballo TRONZAR OS VALOS. As entradas teñen un custe de 15 € na billeteira do Auditorio o propio día do concerto e en venta anticipada 12 €, e poden adquirirse na Cafetería Castelao ou na Cervexería Gallaecia en Rianxo. Reserva en info@dezetapro.com O concerto está...
Do 5 ao 30 de maio pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición, Avós e Netos, elos da mesma cadea; organizada polo IES Félix Muriel de Rianxo. A apertura da exposición trasládase ao mércores 6 de maio ás 12.00 da mañá.
O sábado 2 de maio, ás 19.00 horas, terá lugar no Auditorio un Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu XII Aniversario. Os convites poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto no mesmo Auditorio.
Na vindeira fin de semana, 25 e 26 de abril o Cadro Artístico Airiños volve cun novo Teatro Express, Cantar de cego, Salvemos o xeito co cal percorrerá todas as parroquias do Concello. O sábado 25 as funcións serán: 18.00 horas - Centro Cultural e Deportivo de Taragoña 19.00 horas - Centro Sociocultural do Araño 20.00 horas - Auditorio de Rianxo Domingo 26: 18.00 horas - Casa da...
A Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, baixo a dirección de Rafael Collazo, achégase a parroquia de Asados para ofrecer un concerto. Será o vindeiro domingo 19 de abril ás 12.00 horas no Cruceiro xunto ó Centro Cultural.
O vindeiro venres 17 de abril, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo proxectarase o documental de Antonio Caeiro A Volta dos Nove Outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo...
SEGUNDA FASE – 11 de abril – 22.00 h – BAR ATALAIA RELACIÓN DE PERSOAS INSCRITAS: Mauricia Ces Quintáns Carlos Da Aira Ramona Fernández Figueira José Avelino Fernández Lorenzo Francisco Gómez Regenjo Marina Losada Vicente José Angel Pampín González
Visita guiada á exposición A Música de Rianxo na Belle Epoque, xoves 9 e 16 de abril ás 18.00 horas.
O vindeiro sábado 11 de abril, a partir das 18.00 horas, terán lugar en Rianxo unha serie de actos para conmemorar o Día da República organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.
O sábado 11 de abril, ás 22:00 horas, no Bar Atalaia en Asados terá lugar a 2ª Fase do Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua. Nesta ocasión acompañará a fase, a poetisa Celia Parra con Cocíñame, un recetario erótico-culinario Pode consultar as bases no seguinte enlace Se aínda non te inscribiches, tes ata o vindeiro venres ás 12.00 horas.
O vindeiro venres 10 de abril, a partir das 17.00 horas, no Campo de Arriba en Rianxo organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza terá lugar Sachos a Rúa: feira labrega e artesana de Rianxo
O sábado 11 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo concerto a cargo da Aula de Clarinete da Escola de Música de Rianxo.
Do 9 ao 25 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía Introvisións realizada polo alumnado do Ciclo Medio de Imaxe do IES Virxe do Mar de Noia. A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 9 de abril, ás 12.30 horas, e estarán presentes Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo así como tamén o alumnado do Ciclo.
Do 28 de marzo ao 19 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición A Música de Rianxo na Belle Epoque, organizada pola Aula de Cultura Musical da Uned Senior co asesoramento histórico de Xosé Comoxo e Xesús Santos e coa asesoría musical de Alejo Amoedo. A apertura da exposición terá lugar o sábado 28 de marzo ás 19.30 horas. Os xoves 9 e 16 de abril, ás 18.00 horas, realizaranse...
Do 3 ao 5 de abril desenvolverase en Rianxo o XI Encontro Internacional Zona da Zanfona organizado pola aCentral Folque, centro galego de música popular coa colaboración do Concello de Rianxo. Pode obter máis información no seguinte enlace web
O vindeiro sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto histórico A Música de Rianxo na Belle Epoque. O concerto está organizado pola Aula de Cultura Musical da Galiza da Uned Senior de Rianxo e contará cun programa no que se interpretarán pezas do Rianxo daquela época. Participarán a Asociación Vai de Roda, Helena de Alfonso, Aida Saco, Isabel Rei...
O vindeiro sábado 21 de marzo, dentro da programación dos actos de homenaxe a Manuel Antonio desenvolveranse as seguintes propostas: 17.30 h - Porto de Rianxo - Illa Malveira SAÍDA EN BARCO E LECTURA DE POEMAS NA ILLA MALVEIRA. Saída en barco rumbo á illa Malveira. Lectura de poemas a cargo de Xesús Santos Suárez, Fernando Quintela Gallego e outros e outras participantes. No...
O vindeiro xoves 19 de marzo, ás 21.00 horas, baixo a dirección de Ricardo Solveira o alumnado a Escola Superior de Arte Dramática representa a obra M.A.A4 a partir de textos de Manuel Antonio A obra está recomendada para maiores de 16 anos. As entradas, máximo dúas por persoa, poden retirarse unha hora antes do comezo da representación. Proposta enmarcada nos actos de homenaxe a...
A exposición itinerante de 150 anos dunha vila mariñeira (Pontedeume 1865-2015) achégase a Rianxo, consta dun cento de fotografías, audiovisuais, documentación, hemeroteca e maquetas na que se amosa a vida desta vila marcada polo mar. O día da apertura, o xoves 19 de marzo ás 20.00 horas, contarase coa presenza do comisario da exposición Xavier Brisset Martín que realizará unha visita guiada...
Seguindo o programa de concertos nas parroquias da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, desta vez achéganse a Brión - Leiro, será o domingo 22 de marzo ás 12.00 horas no Campo da Festa.
FASE PRIMEIRA – 14 de marzo – 22.00 h – BAR LAREIRA RELACIÓN DE PERSOAS INSCRITAS: Mauricia Ces Quintáns Noelia Gómez Calvo Marina Losada Vicente José Angel Pampín González Mercedes Rodríguez Pimentel Rosa María Suárez Redondo
Continuando cos concertos nas parroquias que está realizando a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, desta vez achéganse á parroquia do Araño, o domingo 15 de marzo ás 12.00 horas no Centro Sociocultural da Capela.
O vindeiro sábado 14 de marzo, dentro da programación dos Actos de homenaxe a Manuel Antonio, a Escola de Música de Rianxo ofrecerá un Concerto de Música de Cámara será as 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.
Modificación do texto das bases do II Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua Coa intención de alientar a cidadanía a participar no II Torneo de Poesía Erótica Recitada, obsérvase a procedencia de permitir a inscrición de todos aqueles aos que lles interese, polo tanto mediante resolución de alcaldía modifícase o texto da base 3ª de xeito que a nova redacción será: <<3.- As...
Baixo o titulo de De catro a catro: catro singladuras enhonra de Manuel Antonio, a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear ao ilustre rianxeiro Manuel Antonio.
Concertos nas parroquias a cargo da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, o domingo 8 de marzo ás 12.00 horas no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, o acto de homenaxe a Rosalía de Castro previsto para hoxe ás 18.30 horas nos Xardín de Manuel Antonio trasládase para o SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
TRASLÁDASE PARA O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO O sábado 28 de febreiro, ás 18.30 horas, nos xardíns de Manuel Antonio realizarase unha homenaxe a Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento.
III Festival Solidario a favor de Cáritas Parroquial de Rianxo, o vindeiro venres 27 de febreiro, ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo.
Ata o vindeiro de 14 de marzo poden visitar no Auditorio de Rianxo a exposición Retrospectiva do pintor noiés Nacho C. Beirós.
A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XII aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, que se celebrará o día 2 de Maio. Bases Folla de inscrición
O vindeiro sábado 21 de febreiro, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto de jazz a cargo de José Nine Cuarteto, agrupación formada por José Nine, Marcos Pin, Juan V. Cañada e Javi Barral. No concerto contarán con Thanos Athanasopoulos, Manuel Gutiérrez e Manuel Payno como artistas convidados. As entradas son de balde ata completar aforo. Poderán retirarse unha hora antes...
A ANPA os Gudiños do CEIP ADR Castelao organiza unha Festa de Entroido o vindeiro sábado 14 de febreiro na antiga Regatta.
O sábado de piñata, o 21 de febreiro, pola tarde Concurso de Carrozas en Taragoña organizado pola veciñanza coa colaboración do Centro Cultural de Taragoña e o Concello de Rianxo.
O domingo 15 de febreiro, a partir das 16.00 horas, en Leiro farán unha festa de Entroido LEIRO BARULLEIRO
A Asociación de Veciños do Araño organiza o sábado 14 de febreiro unha Festa de Entroido a partir das 5 da tarde no Centro Sociocultural da Capela.
O venres 13 de Febreiro no Centro Cultural de Taragoña ás 22.30 horas Bituin de Tris 2015 organizado pola Asociación Festival Antrospinos.
O domingo de entroido, 15 de febreiro, terá lugar a Primeria Festa do Cocido en Rianxo. A sesión vermú será amenizada pola Charanga de Vai de Roda e despois pola tarde terán lugar os concertos de: Os Perucos - 18.30 horas Cangrexeiros - 20.00 horas Quempallou - 21.00 horas
Xa se achegan as datas do Entroido podes consultar a programación no cartaz:
CONVOCATORIA ABERTA PARA BAILAR O VALSE “RIANXO”. Viaxa con nós á ”Belle Epoque” Rianxeira Trátase dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no...
Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas a representación será no Auditorio de Rianxo, o sábado 7 de febreiro, ás 20.30 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería Pelos (Asados) ...
A representación de Cousas de Castelao a cargo de Títeres Cachirulo terá lugar no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 31 de xaneiro ás 19.00 horas. A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación. Títeres Cachirulo - Cousas de Castelao
O venres 30 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo terá lugar, dentro da programación dos Actos Castelao organizados pola Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística o seguinte acto no que se inclúen estas propostas: Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015 Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe...
A partir de mañá xa podedes inscribirmos nas materias que se van impartir en Rianxo na Uned Senior neste segundo cuadrimestre. As materias que sen van impartir son: Iniciación á Informática Informática II Cultura Musical da Galiza Prácticas labregas na horta Fotografía dixital. Iniciación
Programación dos Actos Castelao 2015 organizados pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo coa colaboración de diferentes entidades. Os actos comezarán o vindeiro sábado 17 e durarán ata o 31 de decembro, con propostas teatrais, mesas redondas, presentacións de libros,...
A Agrupación Teatral Criaturas volve a representar no Auditorio de Rianxo a obra Colón debe morrer, será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 20.00 horas. As entradas (máximo 2 por persoa) poden adquirirse unha hora antes da función.
O luns 5 de xaneiro as Súas Maxestades os Reis Magos viaxan ata Rianxo. Dende as 17.30 horas na Praza Castelao haberá un Belén Vivinte e ás 18.00 horas está previsto que os Reis desembarquen no Porto de Rianxo. Desfilarán polo Paseo da Ribeira acompañados dunha comitiva con cabalos, animación musical,.... ata chegar á Praza Castelao onde os recibirá a Corporación Municipal. Despois repartirán...
O vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, o grupo A Roda estará no Auditorio de Rianxo presentando o seu novo traballo Outra volta de Roda. As entradas teñen un custe de 5 € e poden adquirirse de maneira anticipada na Cafetería Castelao de Rianxo ou no mesmo Auditorio 2 horas antes do comezo do concerto. Sitio web A Roda
O vindeiro venres 26 de decembro, ás 19.00 horas, o mago andaluz Charly Braun ofrecerá un espectáculo no Auditorio de Rianxo. As entradas teñen un custe de 5 € o mesmo día no Auditorio. En venta anticipada custan 4 € e poden adquirirse na Cafetería Castelao de Rianxo e na Cervecería Regional en Boiro.
O sábado 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un Festival Solidario a cargo da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda. A entrada ten un custe de 1 quilo de alimentos non perecedeiros ou produtos de aseo persoal. A retirada de entradas: de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio de Rianxo. Se non podes acudir podes colaborar coa entrada para a fila cero traendo os alimentos...
O venres 19 de decembro, no Auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas a Escola de Música de Rianxo fará unha Festa Musical de Nadal.
O sábado 27 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo.
Baixo o título O pequeno é Grande. A Agricultura Familiar como alternativa o profesor Xoán Carlos Carreira Pérez realizará unha conferencia no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 19 de decembro ás 19.30 horas.
O sábado 13 de decembro, ás 12.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2014. Ademais tamén se fará a presentación da saída do número 100 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do Anuario de Estudos do Barbanza 2014. O acto contará coa asistencia de María Xosé Blanco, vogal da asociación; Manuel Cartea, coordinador do anuario; Xesús Laíño,...
A única defensa que permitiu a liberdade é o título da exposición dos óleos de Paola García Paz que poderá visitarse no Auditorio de Rianxo do 12 de decembro ao 17 de xaneiro. A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 12 de decembro, ás 20.00 horas, contando coa presenza da pintora. Paola García Paz pintora
O vindeiro venres 12 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha homenaxe ó escritor Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento. No acto intervirán: Adolfo Muíños, Daniel Pino, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Cochón. Ficha de Ramón de Valenzuela na Biblioteca Virtual Galega
O vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo; ademais da participación da agrupación Aleivosía estarán a Asociación O Pedrón de Padrón. As entradas poderán retirarse media hora antes do comezo do festival
O vindeiro sábado 29 de novembro, terá lugar en Rianxo unha iniciativa de rianxeir@s para adornar as rúas e prazas, para o Nadal, con pezas feitas con materiais de reciclaxe. Máis información no seguinte enlace de facebook comunidade adorna rianxo
O vindeiro 29 de novembro, ás 19.00 horas, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar Rianxo en Galego: o galego na corporación local organizada pola Plataforma Cultural Galega.
A Agrupación Teatral Criaturas estrea no Auditorio de Rianxo a súa nova montaxe teatral Colón debe morrer, será o vindeiro sábado 29 de novembro ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden retirarse unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
O vindeiro venres 28 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo teatral As do Peixe, no cal se honra a memoria das traballadoras da conserva. Unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez da Pena coa interpretación das actrices galegas Casilda Alfaro, Mónica Caamaño, Susana Dans e Rocío González. Dossier da obra Está recomendada para...
A compañía de teatro Elefante Elegante o sábado 22 de novembro, ás 19.00 horas, representa no Auditorio de Rianxo a obra Nuncabunga. Trátase dun espectáculo cómico e poético sen palabras destinado a un público familiar e infantil a partir de tres anos. Nuncabunga na páxina de Elefante Elegante. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da...
O sábado 15 de novembro, ás 21.00 horas, a compañía de teatro Malasombra volve ó Auditorio de Rianxo, agora coa representación de GO ON !, unha odisea cómica escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi na que os actores Xoque Carbajal e Jouse García interpretarán a dous exploradores espaciais que entraron nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. Go on ! na páxina...
Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro, ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería...
Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro, ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería...