Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O venres 7 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar a apertura da exposición de pintura de Salvador Figueira Laíño SENDEIRO DE VOLTA. Currículo Salvador Figueira Laíño Do 7 ao 29 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo.
O vindeiro venres 7 de novembro, ás 21.30 horas, no Auditorio de Rianxo a Banda Xuvenil da Escola Música de Rianxo interpretará diferentes pezas musicais nun Concerto para conmemorar a súa patroa Sta. Icía.
Aída Saco Beiroa ofrecerá un concerto de piano o vindeiro sábado 8 de novembro, ás 20.30 h, no Auditorio de Rianxo. A pianista rianxeira interpretará pezas de Liszt, Ginastera, Soler,...
No BOP núm 205 do luns, 27 de outubro a Deputación da Coruña publicou as bases da convocatoria ordinaria de subvencións da Deputación dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para toda a provincia da Coruña. En concreto, trátase das axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais. Inclúen dende achegas para programas de igualdade, ata axudas para o...
O vindeiro venres 31 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación da GUÍA PERSOEIROS DA CULTURA AROUSA NORTE e á saída do número 98 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, que contará coa actuación da Escola de Música de Rianxo, intervirán: O autor X.P.R.S O Presidente de Barbantía, Xesús Laíño O Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños O Presidente da...
Durante os meses de outubro, novembro e decembro vai desenvolverse a programación do Outono Cultural 2014 organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingǘística do Concello de Rianxo coa colaboración de diversas entidades. Descarga a programación do Outono Cultural
O vindeiro sábado 25 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo a compañía de teatro O Aturuxo de Melpómene interpretará a obra de Ágatha Christie A Ratoeira, ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A obra está recomendada para todos os públicos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función. ...
O sábado 18 de outubro, ás 21.00 horas, a compañía NNC TEATRO achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra Santa Perpetua. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función. A obra está dirixida por Beatriz Méndez, Carla Capeáns e Roi Méndez e conta con varios premios entre os que...
Comezan en Rianxo as xornadas dedicadas a Castelao que vai a organizar a Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra; será o xoves 16 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo. A ponencia tratará sobre o Perfil biográfico e político do polifacético rianxeiro e correrá a cargo de Xosé L. Barreiro Rivas, Xosé Luís Axeitos Agrelo e Carlos Mellar...
Na Biblioteca Pública Municipal "Castelao" o próximo sábado 4 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar un contacontos familiar O soño do Rato a cargo de Intres.
O vindeiro venres 3 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Misión Sapiens a cargo da compañía Malasombra. Misión Sapiens é un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas transformará ao público nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro. A obra está destinada a un público...
Do 3 ao 25 de outubro no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo poderase visitar a exposición fotográfica H2O ... botar auga no mar a cargo de Olláparo, asociación fotográfica.
A aula de Educación de Adultos do Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran obter o Título de Graduado en Educación Secundaria. O prazo estará aberto ata o próximo dia 3 de outubro. LUGAR: oficiñas de Servizos Sociais,situado en Carretera de tanxil ,12. TELEFONO: 981860061 HORARIO: 10 a 12 horas todos os días e de 19:30 ata as 21.00 horas os martes...
O 10 de outubro pecha o prazo para a matriculación na UNED SENIOR, así que se estás interesado/a en realizar algunha das materias non esquezas a data. Na semana anterior poñerémonos en contacto contigo para informarche dos horarios así como tamén da entrega de documentación. Podes preinscribirte no seguinte enlace http://www.rianxo.com/unedsenior/preinscricion As materias ofertadas neste...
O sábado 30 de agosto, dende as 11.30 ás 13.30 horas, no Campo de Abaixo Xornada de portas abertas para conmemorar o X aniversario da Asociación Vai de Roda. Dani Pereiras imparte un obradoiro de baile- Carballesa do Incio aberto a todas as persoas interesadas en participar.
O vindeiro luns 1 de setembro no Auditorio de Rianxo terán lugar unhas propostas organizadas por Nosa Enerxía: Sociedade Cooperativa Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información taller de formación cooperativa: xestión diaria da cooperativa Goiener De 17.00 a 19.00 horas Para socias da cooperativa NOSAENERXÍA charla/coloquio : cooperativas de consumo de enerxía verde:...
O sábado 30 de agosto, a partir das 10 da mañá SACHOS Á RÚA! no Campo de Arriba de Rianxo. Os foros ecolóxicos da Barbanza organizan unha Feira Labrega coa colaboración do Concello de Rianxo. Folleto informativo
O vindeiro sábado 30 de agosto, ás 22.00 horas, no Paseo da Ribeira (fronte ó busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica. Intentarase ver como a lúa vai medrando a cuarto, as nebulosas, estrelas dobres... En caso de condicións metereolóxicas adversas (chuvia, brétema ou nubes) a observación terá que suspenderse, A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o...
A agrupación Cantigas e Agarimos achégase a Rianxo dentro do programa de difusión do baile e a música tradicionais Folclore na rúa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do AGADIC e coa colaboración do Concello de Rianxo. En escena a agrupación transmitirá a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do...
O X Ciclo de Bandas chega o seu fin, o sábado 23 de agosto, ás 21.30 horas na Praza Virxe de Guadalupe terá lugar un concerto a cargo do Trío Vaamonde. Lamas & Romero e a Banda da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro venres 22 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo do grupo Barahuda formado por Helena de Alfonso (Voz) e Jose Lara Gruñeiro (Guitarra), dous músicos procedentes de Madrid e afincados en Rianxo. Dossier informativo
O domingo 17 de agosto na Praza Virxe de Guadalupe ás 21.00 a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas ofreceranos un concerto enmarcado dentro X Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música e o Concello de Rianxo.
O sábado 16 de agosto, na Praza Rafael Dieste ás 21.30 horas terá lugar o XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Fogo Fatuo de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.
No primeiro andar do Cuartel Vello terá lugar a EXPOSICIÓN titulada HOMENAXE NOUTRORA ARESTORA HOMENAXE a cargo de AGRELO. Poderá visitarse, dende o 14 de agosto ao 11 de setembro, no horario de luns a sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas e estará atendida polo autor. Diptico
O 9 e o 10 de agosto, achégate a FESTA DO MEXILLÓN DE RIANXO
O vindeiro sábado 9 de agosto, ás 22.30 horas no Campo de Arriba, terá lugar un concerto de música folc a cargo do grupo das Pontes NO CÓMBARO, ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. PIncha na páxina do grupo Video Rumba do Porto O concerto está enmarcado dentro da programación da V Festa do Mexillón que terá lugar en Rianxo o 9 e 10 de agosto organizada pola asociación...
Ata o 30 de agosto no Auditorio de Rianxo. Horario de visita: de martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas.
Por razóns alleas á organización, o concerto da Big Band da Escola de Música de Rianxo adiantase para as 22.00 horas. Desculpas polas molestias ocasionadas
Do 30 de xullo ao 2 de agosto, ás 22.30 horas, na Praza Rafael Dieste NOITES DE JAZZ 30 de xullo: Big Banda da Escola de Música de Rianxo 31 de xullo: Nine Cuarteto 1 de agosto: Wilson & Friends 2 de agosto: Kin García Trio PROGRAMA NOTA: No caso de condicións meteorolóxicas adversas os concertos trasládanse ó Auditorio
Continuando co X Ciclo de Bandas organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, o vindeiro domingo 3 de agosto, terá lugar na Praza Virxe de Guadalupe un concerto a cargo da Banda Artística de Merza.
Ábrese o prazo de inscrición nas materias do Primeiro Cuadrimestre da UNED SÉNIOR Rianxo. As materias ofertadas para o Segundo Cuadrimestre, e que se impartirán de acadarse un mínimo número de preinscricións, son as seguintes: Introdución á internet Informática Básica Cultura Musical de Galiza I Cultura Musical de Galiza II Economía Doméstica Saberes labregos e ecoagroloxía ...
As actuación e obradoiros programados dentro da Feira do Libro. NOTA: O Concerto da Banda de Música de Fuerteventura vai realizase na Praza Virxe de Guadalupe
Xa podes consultar as presentacións de publicacións que van desenvolverse na Feira do Libro. NOTA: A presentación do álbum ilustrado ... 3,2,1,... de Pepablo Patiño non vai realizarse
Do 24 ao 27 de xullo terá lugar na Praza Castelao a FEIRA DO LIBRO. PROGRAMA A Feira do Libro está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.
En breve poderase consultar o programa de actividades
O vindeiro mércores 16 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza Castelao terá lugar un Festival Internacional de danza no que participarán a agrupación Muzsla Néptancegyüttes de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile. No caso de choiva o espectáculo trasladarase ó Auditorio de Rianxo. Información arredor das agrupacións
O venres 11 de xullo no Auditorio de Rianxo, ás 21.30 horas, a Agrupación Teatral Criaturas interpretará a obra A miña muller é o fontaneiro.
Do 28 ao 31 de xullo desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso Ó REDOR DE CASTELAO, pertencente á Universidade de Verán 2014 da Universidade de Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres 18 de xullo. Pode obter máis información na seguinte ligazón Folleto informativo
Do 4 ao 26 de xullo pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición a cargo do pintor Sánchez Gallego. A apertura da exposición terá lugar o venres 4 de xullo ás 20.00 horas.
Festas do Carme 2014
Feira galega
Festa das Juadalupeñas
Festival Antrospinos 2014
O vindeiro domingo 6 de xullo, ás 21.00 horas, comeza na Praza Virxe de Guadalupe o X Ciclo de Bandas organizado pola Asociación Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo; primeiro dos concertos correrá a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.
VENRES 4 DE XULLO - 21.00 horas - Auditorio de Rianxo Alumnado de frauta, fagot, violonchelo, tuba, trompeta, contrabaixo, trompa, bombardino, trompeta, aula de adultos/as e nenos/as de música e movemento. SÁBADO 5 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA VIRXE DE GUADALUPE Alumnado de clarinete, saxofón, trompeta, óboe, percusión, piano e conxunto instrumental. En caso de condicións...
A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO PERMANECERÁ PECHADA DO 14 AO 28 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DESCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS
A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de...
dadsf
O vindeiro sábado 14 de xuño no Auditorio de Rianxo: 18.00 horas - os benxamíns - a guerra de nunca acabar 21.00 horas - os alevíns - un macabro fin de curso
Un ano máis a Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo organiza o IX SERÁN Mar de Rianxo; será o vindeiro sábado 31 de maio a partir das 20.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.
O Cadro Artístico Airiños achégase de novo ás parroquias rianxeiras cun novo espectáculo de TEATRO EXPRESS, nesta ocasión o título é TAXI ! (a pequena gran historia de Lestrove, taxista de Rianxo).
A observación prevista en Asados, no CEIP Ana Mª Diéguez, trasládase para o vindeiro venres 16 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpas polas molestias ocasionadas
A observación astronómica prevista para o 9 de maio trasládase ó venres 16 de maio. Desculpas polas molestias ocasionadas.
O vindeiro venres 9 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha conferencia-coloquio a cargo de Xosé Luís Axeitos arredor do poeta Xosé Díaz Castro o cal este ano se lle adican as Letras Galegas.
Do 9 ao 21 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Catálogo