Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O domingo 5 de agosto ás 21.30 do serán, teatro para nenos na Praza de Rafael Dieste: PETER PUNK. O NENO IMPERDIBLE.

A compañía Volta e Dalle Teatro representará a obra “MENCIÑEIROS” o sábado 4 de agosto ás 22.30h na Praza de Rafael Dieste. Descarga do dítico  

O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das...

O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.

O venres 27 de xullo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.

O xoves  12 de xullo ás 20.30h presentarase a obra PRANTO MATRICIAL na voz do seu autor de Valentín Paz-Andrade, editado polo Consello da Cultura Galega dentro da súa colección ‘As nosas voces’, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/n (Parque Galicia).                          

A Agrupación Teatral Criaturas representa "Non hai ladrón que por ben non veña" polas parroquias. Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola) Xoves 19 de...

A Escola de Música de Rianxo organiza o concerto de fin de curso 2012 de clarinete, trompa, tuba, trombón, bombardino, percusion e banda infantil. Terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00h no Campo de Arriba, agás en caso de choiva, que se trasladaría ao Auditorio.                    

Os horarios dos museos de Rianxo durante o verán serán os seguintes: Casa Museo de Manuel Antonio martes a sábado de 10.00 a 14.00 Museo do Mar martes a sábado de 17.30 a 20.30 domingo de 11.00 a 13.30

O sábado 30 de xuño terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo un concerto en favor dos refuxiados saharauis, do Programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz". As actuacións musicais irán a cargo de Verdegaio e Orquestra Os Modernos.      

O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego...

O 30 de xuño terá lugar, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, unha proxección de curtas en galego e un obradoiro de dinamización, toda unhna experiencia audiovisual no cinema máis pequeno do mundo. Dirixido a rapaces de 6 a 12 anos, que poderán inscribirse no Auditorio de Rianxo ata o 29 de xuño, ata 20 participantes. O evento terá lugar na Praza Castelao entre as 17...

O sábado 23 de xuño ás 20.00 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o Festival da Agrupación de Pandeiretas teixedal.

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información

O domingo 3 de xuño, ás 20.00 h, no Auditorio de Rianxo terá lugar un CONCERTO DE FRAUTA para clausurar o I Curso de Frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo. O concerto atópase enmarcado dentro dos actos para conmemorar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.  

O grupo de música tradicional Río de Anxo ofrecerá un concerto o sábado 2 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O aforo é limitado. A retirada de entradas comezará unha hora antes do inicio do concerto.

Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme...

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

O luns 28 de maio ás 12.30 inaugúrase a exposición de pintura e escultura "Lembranzas mariñas", de Nolo Suárez e "Xeomaquias" de Nando Pereiro, no Auditorio de Rianxo. A exposición permañecerá aberta o propio luns da inauguración e ata o sábado 23 de xuño nos horarios: martes a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 sábados de 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 Descarga do dítico...

Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades: PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO Na Praza Castelao, dende  as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana. OBRADOIRO DE...

O vindeiro sábado día 19 de maio, ás 12.30 h, terá lugar no Salón de Plenos da casa do concello un Acto Institucional con motivo das Letras Galegas en homenaxe a VALENTÍN PAZ ANDRADE, coa participación de Xosé Luís Axeitos e Alfonso Paz Andrade.

No Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo terá lugar, do 4 ao 23 de Maio a exposición fotográfica RETROSPECTIVA a cargo do Foto Club Sávora. As fotos expostas pertencen aos seguintes fotógrafos:     Óscar Iglesias     Xoan Antón Castro     Caxenas     José M. Prado     Oscar Reboiras ...