Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do novo poemario do escritor rianxeiro Diorama de José Carou Rey. Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

O sábado 4 de febreiro, o Centro Dramático Galego pon a disposición daquelas persoas interesadas un autobús para facilitar o desprazamento ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a produción A Contenda do Río Miño. A función é as 20.00 horas e o autobús recollerá as persoas interesadas ás 18.30 horas na dársena de Setefogas. Ten un prezo especial de 3 €, que inclúe a entrada e...

Do 19 ao 28 de xaneiro celebrarase en Rianxo os Actos Castelao cunha variedade de propostas. XOVES 19 DE XANEIRO 20:00, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro) Preestrea, A Nai a cargo de AMORODIO TEATRO VENRES 20 DE XANEIRO 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Salóns de Actos (1º andar) Presentación do poemario Diorama, de José Carou Rey Acompañando o escritor,...

Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición do 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. Nesta convocatoria resultou gañadora a obra Lume de Brais Lorenzo e resultaron finalistas Fuco Reyes, Sergi Cámara, Carlos Ximénez, Belén Lozano e Arturo Rodríguez. Máis información no enlace...

A compañía Amorodio Teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai dentro do programa de Residencias escénicas do Concello de Rianxo.   A preestrea da obra terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Idade recomendada: a partir de 14 anos Duración aprox. 90 min.  Entrada...

O xoves 05 de xaneiro as SSMM os Reis Magos visitarán Rianxo, e realizarán a Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao. Os actos e horarios previstos son: 15.00 h Saída dende Bacariza da comitiva dos Reis Magos para percorrer todas as parroquias do Concello 17:30 h Belén Vivinte na Praza Castelao. Ambientación a cargo da Asoc. Cultural Fogo Fatuo 19:00 h Entrada a...

Este venres 30 de decembro, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar o Concerto de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo, Concerto solidario a prol da ONG Sogaps - Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A entrada-donativo (3 euros) pode mercarse no Estanco Xacobiño, na Libraría Candido, no Kiosko José Ramón e dende unha hora antes no Auditorio. Para aqueles que...

Este xoves 29 de decembro, ás 19.00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo, celebrarase o Café científico- literario "Tesouro Espeleolóxico Galego", que contará coa presenza de Tereixa Otero e Xavier Groba (Club Espeleolóxico MAÚXO) e coa poeta Alba Cid. O Tesouro Espeleolóxico Galego é unha iniciativa de aCentral Folque subvencionada pola Deputación da Coruña na convocatoria de...

Do 26 ao 30 de decembro na Carpa de Nadal desenvolverase o Nadal Concilia organizada polo Concello de Rianxo. Trátase dunha serie de actividades para as crianzas que consistirá no seguinte: De 16.30 a 19.00 horas, todos días, terán lugar os Obradoiros de Nadal. E ás 19.00 horas realizaranse actuacións para toda a familia, que son as seguintes: Luns 26: Maxia, O Mago Paco Martes 27:...

A Escola de Música de Rianxo ofrecerá en dúas sesións o seu Festival de Nadal, serán o domingo 18 de decembro ás 12.30 e o venres 23 de decembro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A Escola de Música de Rianxo ofrecerá en dúas sesións o seu Festival de Nadal, serán o domingo 18 de decembro ás 12.30 e o venres 23 de decembro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Presentación do manifesto, Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, Estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao; o vindeiro venres 16 de decembro, ás 21.00 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto contarase coa presenza de Xosé Luís Axeitos (Académico da RAG, profesor e investigador), Xosé María Dobarro (profesor, investigador...

Festa de Santa Baia no Araño

Programación do alumeado de Nadal, o sábado 10 de decembro, dentro do Rianclown organizado pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo.  

O sábado 10 de decembro, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes celebrarase o XVI Festival de Corais Arousa Norte organizado polo Centro Cultural "Simón Varela" de Asados. Nesta edición acompañarán á Coral Polifónica Abraira de Asados a Coral Polifónica Hermano Gómez de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces.

O vindeiro venres 09 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Os nenos da varíola a cargo de Pérez & Fernández. Está recomendada para un público maior de 8 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade, poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio. A proposta forma parte da II edición do ...

O sábado 17 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo.

O vindeiro sábado 03 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal organizado pola Asociación de música e baile tradicional Vai de Roda.  

O vindeiro venres 16 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto de piano na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a cargo do alumnado da mestra Ilona Timchenko.

Obradoiro Crea o teu fondo mariño na Aula Activa do Mar, o sábado 26 de novembro de 11.30 a 13.00 horas. Máis información e inscricións no teléfono 698148569 ou no correo-e museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou aulaactivadomar@concelloderianxo.gal

O Grupo municipal de teatro de Ribeira achégase ao Auditorio de Rianxo coa nova produción de teatro O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) A función terá lugar o sábado 26 de novembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida de entradas, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes na billeteira do Auditorio. Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da...

O vindeiro venres 25 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no Salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro A agonía das folerpas de Óscar Reboiras. No acto estarán presentes, Antón Riveiro Coello (escritor e membro da AC Barbantia), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Raquel García Abuín (concelleira de cultura do Concello de Rianxo e o propio autor. Introdución e...

O programa Bailas?, é unha proposta do Taller Alecrín en colaboración co Concello de Rianxo, onde se traballen dúas modalidades de baile: Linedance e Baile Social. Os obradoiros desenvolveranse os domingos pola tarde-noite unha vez ao mes dende novembro de 2022 a febreiro de 2023, e terán un custo por persoa de 15,00 €. Máis información e inscricións no teléfono 698 150 432 O Obradoiro de...

Un ano máis a Irmandade da Música Galega organiza coa colaboración do Concello de Rianxo o Memorial Mireya Dieste que vai pola edición número cinco. Este ano conta con dúas propostas na fin de semana de novembro: VENRES 18 DE NOVEMBRO - 21.00 HORAS - Concerto de Rosalía Trío SÁBADO 19 DE NOVEMBRO - 20.30 HORAS - Mireya ao piano: con Goretti Dominguez ao piano e Orjais co guión e narración. ...

A Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo patrocina o concerto da formación Rosalía Trío onde presentan o seu álbum Has de cantar. O concerto terá lugar o venres 18 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Interpretaranse pezas do álbum “Has de cantar” presentado en 2022, xunto con obras de Marcial del Adalid, Francisco Piñeiro, Pascual...

O salón de actos do auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 12 de novembro, ás 20.30 horas, a presentación da obra De rosa antiga de Helena Villar Janeiro. O acto contará coa presenza de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia), Mª Xesús Blanco (Ac Barbantia), Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) e a propia autora.

SUSPENDIDO O domingo 13 de novembro, ás 12.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o concerto a cargo do Trío de Metais da Escola de Música de Rianxo, enmarcado no V Ciclo de Novos Intérpretes organizado pola Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo coa colaboración da Deputación da Coruña.  

"Crea o teu fondo mariño" orientado a nenos de entre 5 e 12 anos

02/11/2022: ADIADO O CONCERTO BRUTAAL DE IAGO HERMO O vindeiro venres 04 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do auditorio de Rianxo terá lugar un concerto a cargo do pianista rianxeiro Iago Hermo, Brutaal, un concerto con composicións para piano e música electrónica. BRUTAAL: unha forma de enfatizar a palabra brutal en galego/castelán, e forma estándar do mesmo termo en...

A Asociación de veciños do Araño organiza o vindeiro sábado 05 de novembro no Centro Cultural da Capela un Magosto tradicional. Máis información no seu facebook  

O sábado 05 de novembro o grupo de música antiga Menestreis achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecer un concerto baixo o título Cantigas quer'eu nembrar. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado en Boiro (A Coruña) en setembro de 2005 por Xosé Ramón España Lorenzo. O seu principal obxectivo é a...

A Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños achégase ao Auditorio de Rianxo con dúas actividades divulgativas do seu traballo baixo o título Golfiños na proa. 30 anos da CEMMA en Galicia, na que nos mostran as especies de cetáceos, percorrendo a anatomía, problemáticas e características de cada especie. As actividades que se desenvolverán son as seguintes: CONFERENCIA: ​​​​​​​ o venres...

O Roteiro Literario pola vila de Rianxo, que leva como título De catro a catro. Follas de culto dun diario de fracasos, guiado por Xosé Ricardo Losada, forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste...

O xoves 17 de novembro ás 19.00 horas e o sábado 17 de decembro ás 12.00 horas a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unhas charlas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en paz no Auditorio de Rianxo. Información sen compromiso no teléfono 678 727 382 ou no correo-e sogaps.oficial@gmail.com ​​​​​​​ Máis información sitio web da asociación.    

O V Ciclo de Novos intérpretes chega ao seu fin neste edición do 2022 co concerto de Sara García cunha formación de clarinetes. O concerto realizarase o domingo 27 de novembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O xoves 17 de novembro ás 19.00 horas e o sábado 17 de decembro ás 12.00 horas a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unhas charlas informativas sobre o programa de acollida Vacacións en paz no Auditorio de Rianxo. Información sen compromiso no teléfono 678 727 382 ou no correo-e sogaps.oficial@gmail.com ​​​​​​​ Máis información sitio web da asociación.     ...

A Asociación A Moreniña coa colaboración do Concello de Rianxo organiza a celebración dun Samaín o vindeiro domingo 30 de outubro no Campo de Arriba, e se o tempo está chuvioso realizarase na Praza de Rafael Dieste.

O domingo 30 de outubro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Anxo Blanco (percusión) enmarcado no V Ciclo de Novos Intérpretes.    

Do 18 de outubro ao 30 de decembro pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición cos traballos do XVI Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación da Coruña. Máis información

NOVA FUNCIÓN, programase outra función do espectáculo de Carlos Blanco para ese mesmo día ás 22.30 horas. As entradas poden adquirirse no mesmo enlace en ataquilla. O sábado 22 de outubro, ás 20.30 horas, Carlos Blanco achegarase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo Os mellores monólogos. A entrada ten un custe de 12 € + gastos de comisión e pode adquirirse no seguinte enlace...

O vindeiro venres 21 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro "Emil el rival" de Emilio Vázquez Fernández. "Emil o Rival é a primeira entrega dunha saga viquinga, ambientada no século X, onde se narran as aventuras e desventuras deste lendario cacique normando dende que só era un neno de 8 anos cando foi encarcerado como escravo...

O domingo 23 de outubro, ás 12.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto do V Ciclo de Novos Intérpretes. Nesta ocasión, as pezas escollidas para o concerto virán das mans de  Gloria Cespón (frauta), Míriam Pardal (trompa) e Yuri Durán (piano).  

Programación Outono Cultural 2022.

A compañía Caramuxo Teatro achégase ao auditorio de Rianxo coa produción Catro. Un espectáculo de danza para bebés, espectáculo dirixido a crianzas de 1 a 5 anos. A función terá lugar o vindeiro sábado 15 de outubro e realizaranse dúas funcións, unha ás 18.00 h e outra ás 19.00 h. Público destinatario: crianzas de 1 a 5 anos É necesario realizar a inscrición previa en...

Morgana en Esmelle de Sarabela Teatro no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de outubro, ás 21.00 horas. Destinada a un público adulto (maiores de 12 anos) Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa...

Rematado o prazo de inscrición nos obradoiros informamos de que todas as inscricións están ADMITIDAS. Hai obradoiros nos que aínda non se chegou ao máximo de participantes ou nos que están completos pero poden darse baixas; polo que o proceso de inscrición segue aberto ata o día anterior ao comezo do obradoiro. Pincha aquí para ir ao formulario de inscrición ​​​​​​​Pode consultar o alumnado...

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o seu novo traballo Dó. O acto terá lugar o vindeiro venres 07 de outubro, ás 21.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo. Acompañando ao autor estarán presentes; Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) Ana Belén Gutiérrez (poeta) e Francesca Shaunch (antropóloga) “Dó é un desvelamento secuencial, un monllo de epifanías breves, sinxelas, sinceras. A...

A compañía de teatro galega Talía Teatro, achégase ao auditorio de Rianxo coa produción Morte accidental dun anarquista. A función terá lugar o vindeiro sábado 08 de outubro, ás 20.30 horas. Público destinatario: adultos maiores de 12 anos. Duración: 100 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio. ...

Enmarcado nas propostas de Rede Cultural da Deputación da Coruña a compañía Baobab Teatro achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 01 de outubro, ás 18.00 horas, co seu espectáculo Ris Ras. ​​​​​​​Está destinado a un público familiar con crianzas de 1 a 8 anos. Duración: 45 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da...

O obradoiro de Música tradicional e canto coral xa ten todas as prazas cubertas, así que as persoas que se inscriban dende o día de hoxe (29 de setembro) formarán parte dunha listaxe de reserva. As persoas que realizaron a inscrición e están admitidas no obradoiro de Música tradicional e canto coral son as seguintes: ANGELA SILVA MARTÍNEZ CARMEN ÓRDOÑEZ ALCALDE CONSTANTINO CASTAÑO CALVO ...

Comeza o V CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, co concerto da agrupación Theis Saxophone Quatet. Terá lugar o domingo 02 de outubro ás 12.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.  

INICIACIÓN AO GRAVADO: LINOGRAVADO E PUNTA SECA Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de gravado (preparación de matriz, transferencia, entintado, etc.) en linogravado e punta seca. Docente: José Fernández Míguez Destinatarios.- Maiores de 16 anos. Carga horaria: 24 horas Localización: Liceo (baixo) Horario: De 10:00 a 13:00 Calendario: Sábados 15, 22 e 29 de outubro; 5,...

INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA: A CONSTRUCIÓN DAS SOMBRAS  Finalidade.- Introducir as técnicas de narración literaria escrita e creación dun conto ou narración individual e colectivo. Docente: Antón Riveiro Coello. Escritora invitada: Berta Dávila Destinatarios.- Maiores de 15 anos Carga horaria: 20 horas Localización: Centro Sociocultural-Auditorio (aulas do primeiro andar) ...

INICIACIÓN Á ESCULTURA EN CARTÓN PEDRA Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de traballo co cartón-pedra (materiais, ferramentas, manipulación, etc.), realizando unha peza conxunta entre todos os participantes e unha peza individual cada un deles. Destinatarios.- Maiores de 16 anos (menores de 12 anos: só acompañados dun adulto e traballando na mesma peza individual). Carga...

DESCUBRINDO A ARTE DRAMÁTICA: O TEATRO Finalidade.- Introducir o teatro en tanto xénero literario e feito escénico, contribuíndo ao desenvolvemento integral da persoa a través da expresión física, a linguaxe creativa, o exercicio da memoria e o desenvolvemento de interacción persoal Docente: Amantia Coello Rodríguez Destinatarios.- Maiores de idade. Terán preferencia as persoas...

A asociación Alberto Romero organiza un obradoiro audiovisual nos Concellos do Barbanza. Concretamente en Rianxo serán os días 22 e 29 de outubro de 12.30 a 14.00 na Aula de Informática do Concello de Rianxo. Está destinado a rapazada entre 7 e 18 anos. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906. Sitio web da asociación Alberto Romero.

A Asociación Alberto Romero vai impartir unha actividade extraescolar Queres crear a túa propia película? para a mocidade entre 7 e 18 anos. A proposta desenvolverase na aula de informática do Auditorio de Rianxo, os xoves de 18.00 a 19.00 horas nos meses de outubro a decembro do 2022. Máis información e inscricións no correo-e info@albertoromero.org ou no teléfono 981 107 906. Sitio web...

Os vindeiros venres 23 e sábado 24 de setembro, o Araño celebra o seu II Ciclo Hórreo Vivo, un evento cultural que busca a posta en valor do patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial. A tarde-noite do venres 23 iluminarase o hórreo máis grande do mundo para, nese entorno, asistir ó espectáculo teatral "quen ten cu, ten medo" e escoitar unha contada de lendas por parte da veciñanza. O...

O sábado 24 de setembro, ás 18.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López, El Quico, no marco do XII Seminario sobre a memoria.  

O sábado 24 de setembro, ás 12.00 horas, terá lugar na Praza de Manuel Antonio en Asados un acto homenaxe ás 27 mulleres do Partido Galeguista de Asados. No acto intervirán o alcalde de Rianxo, persoas da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Xesús Santos Suárez e Aurora Marco. Tamén se contará cunha intervención musical de José Luís do Pico Orjais. O acto enmarcase nas...

O XII Seminario sobre a memoria "Diso no se fala" celebrarase nos Concellos de Rianxo e Boiro, do 23 ao 25 de setembro. A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e,...

Nesta fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de setembro, ás 21.00 horas, o grupo de teatro Airiños estrea a súa nova produción República Sideral. A obra é un texto de Esther F. Carrodeguas que foi gañador do Premio Barriga Verde 2020 e está dirixida por Amantia Coello. A entrada ten un custe de 3 € e atópanse á venda anticipada en Asados na perruquería Pelos e no Estanco Xacobiño e en...

“Baila Con Nós”, un programa de obradoiros gratuítos, promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, que se desenvolverá en diferentes entidades públicas, privadas e asociativas da contorna do Barbanza ao longo de mes de setembro, e que terá como obxectivo xeral a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella. ...

Do 5 ao 19 de setembro poderase visitar na sala de exposicións do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, a exposición dos traballos realizados no I Certame de Creación de Títires, convocado por a Asociación Cultural Morreu o Demo e pola Asociación Somos Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo, no marco do Festival Titiriberia. Durante a visita, o público visitante poderá escoller os...

Dende o 03 ao 30 de setembro poderase visitar na sala de exposicións do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo a exposición de arte naive "Emociones 2022" de Karin Kuijper. O acto de apertura será o sábado 03 de setembro ás 12.30 h.

O vindeiro venres 02 e sábado 03 celebrarase na Sala "Arcos Moldes" do Auditorio de Rianxo a preestrea da ópera Papagena, unha proposta contemporánea de Iago Hermo, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas (ButacaZero), e coa soprano Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes Castelo como voces solistas. Retirada de convites, dende 1 hora antes da función, ata completar...

O vindeiro venres 02 de setembro, ás 19.00 h, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro "Galeóns, Vapores e Motoras - A historia da pasaxe na Ría de Arousa", de Manuel Gago Pérez. Despois da presentación, visita guiada no veleiro Evangelina Uno, posiblemente o máis antigo de Galicia (1912), navegando a día de hoxe.

Adiado ao 02 de aoutubro, ás 21.00 h, por mor das malas previsións metereolóxicas. O vindeiro xoves 01 de setembro, ás 21.00 h, no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, realizarase a Observación astronómica: A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño, dentro do programa Astronomía 2022. O TEU XACOBEO, organizado por Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC e o Concello de...

O xoves 25 de agosto, ás 21.00 horas, na Praza de Rafael Dieste o grupo The cuncas realizará un concerto dentro da súa xira "Xira que te libras 2022". The Cuncas

O sábado 20 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste un concerto a cargo do grupo Barahúnda.    

O sábado 13 de agosto, en Asados, realizarase unha homenaxe a D. Xosé Bandín mestre e músico rianxeiro.  

Cuñados nas noites de cine no Parque da Martela

Noites de cine nos xardíns da Martela

O vindeiro venres 19 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o concerto-obradoiro de García Mc + Dj Mil co espectáculo A Lingua galega na música rap. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información

O venres 12 de agosto, ás 20.30 horas, na Praza de Rafael Dieste Os Quinquilláns presentan o seu novo espectáculo Terra de Raíñas.