Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

A Feira do Libro Rianxo 2021: Libros no Camiño celebrase do 22 ao 25 de xullo, no Campo de Arriba de Rianxo. As librerías participantes estarán abertas de 12.00 a 14.00 h (14.30 h en fin de semana) e de 18.30 a 22.30 h. A Feira dará comezo co acto de inauguración, en que dará o pregón a escritora Montse Fajardo. PR0GRAMA

O festival Titiriberia: Festival de títeres tradicionais celebrarase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo. Esta nova edición do festival, co lema Cachaporras de pau de laranxo, celebrase no verán e haberá actividades nas 6 parroquias do Concello. Ademais de acoller as propostas que de seguido se detallan e que precisan de reserva previa, desenvolveranse tamén outros espectáculos  e obradoiros...

O vindeiro domingo, 11 de xullo, ás 12.30 h, nos exteriores do CEIP Castelao, a Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo A gárgola do Mestre Mateo, en colaboración coa asociación rianxeira Fogo Fatuo. Programación incluída no Verán Cultural Rianxo 2021, coa colaboración da Asociación Fogo Fatuo e a Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades no enderezo web...

Os vindeiros 3, 4 , 9, 10 e 11 de xullo de 2021, aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona, Encontro Internacional. 17 edición de Rianxo. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo, que cumpre dezasete anos neste 2021 e por onde pasaron os nomes máis internacionais da escena europea nas últimas dúas décadas. Zona da Zanfona é o...

O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o Proxecto de Democratización do coñecemento: CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA, en colaboración do Concello de Rianxo. Trátase de formación universitaria destinada a maiores de 50 anos. O programa conta cun total de 6 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Inscricións en liña no...

O vindeiro venres 25 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez. Xunto co autor, participarán no acto Uxío-Breogán Diéguez (autor do limiar), Roberto Abuín (editor do volume), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa...

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase a novela Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galan. Xunto co autor, participarán no acto Carlos de Jesús Cimadevila (profesor e activista sociocultural) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de...

O vindeiro venres 11 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Trobar do Ar de Xosé Manuel Lobato. Xunto co autor, participarán no acto X.  Ricardo Losada (profesor e escritor) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva de localidades no enderezo web...

O vindeiro venres 04 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernandez Fernández e Cristian Castrelo. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Romero e Maruxa Miguéns (Os Rosales) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021. Só con reserva...

O vindeiro domingo 23 de maio, ás 12.00 h, retransmitirase o Concerto XVIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo "Un paseo por Rianxo", pola canle de Youtube. Podes seguir o concerto neste enlace.

O vindeiro venres 28 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto da pianista armenia Anna Sarkisova.  Esta proposta enmárcase no  Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021. Entrada de balde.  Só con reserva previa de localidades entre os días 12 e 27 de maio, a través de formulario no...

O vindeiro venres 21 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do  Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro Un señor elegante de Suso de Toro. Contará coa participación do autor, Xosé Luís Axeitos Agrelo (profesor e académico da RAG) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Apertura e peche musical a cargo de Iago Hermo. Só con reserva de localidades no enderezo web...

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo,  o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. Xunto co autor, participarán no acto Salvador Laíño (Ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Lectura de poemas a cargo  do escritor Anxo Muíños e peche musical a cargo do violenchelista...

O vindeiro venres 14 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, Miguel Anxo Seixas presenta a súa obra Castelao Construtor da Nación Tomo II 1931-1939, dentro dos actos do Maio Cultural 2021. A presentación contará coa presenza de Miguel Anxo Seixas (autor), Francisco Fernández Rei (profesor da USC e académico da RAG), Juan Conde Roa (Consorcio de Santiago) e Adolfo...

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentan Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, dentro do Programa de Música de Cámara - IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021. Só con reserva de localidades  entre os días 6 e 14 de maio no enderezo...

Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. A obra será o vindeiro sábado 24 de abril, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo. Só con reserva de localidades no enderezo web...

O vindeiro venres 26 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o espectáculo científico Código Sapiens, Mens Lingua-Lingua Mens, unha exploración da ciencia na linguaxe, por Vicente Mohedano e Xurxo Mariño. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel. Código...

O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este espectáculo está dirixido aos escolares do CEIP Castelao de Rianxo. A Gran Viaxe A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para...

O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o monólogo Contos de Contrabando do actor Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este monólogo está dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo. Contos de contrabando Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa...

O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, celebrarase o Concerto 24 instrumentos populares galegos polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este concerto didáctico está dirixido aos escolares do CEP Brea Segade de Taragoña. 24 instrumentos populares galegos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero...

O vindeiro sábado, 27 de marzo, ás 20.00 h, o grupo Galifunk realizará un concerto na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades no enderezo web   https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf  664 183 217.  É necesario indicar, de todas as persoas para quen...

O vindeiro venres, 26 de marzo, ás 20.00 h, proxectarase o filme Somos Criminais na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Adaptación audiovisual do exitoso espectáculo (con máis de 60.000 espectadores, foi o espectáculo con máis entradas vendidas da historia do teatro en Galicia) de Carlos Blanco e Touriñán, dirixido por Tito Asorey e Jairo Iglesias.  Só con reserva de localidades no...

Xoves 18 de marzo, ás 20.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021: Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da AC Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras...

O vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20.00 h, Duarte Galbán presenta o seu espectáculo Vello aos vinte e pico, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o artista rianxeiro estará acompañado dun artista convidado. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664...

Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as...

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo,...

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Brassica Rapa Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música...

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas,  tres maneiras de entender o feminismo. E o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a...

O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo,  ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Trátase do concerto-exposición Arredor de Nós, actuación aprazada dos Actos Castelao 2021. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

O vindeiro venres 26 de febreiro, ás 20.00 h, Isabel Risco presenta o espectáculo Bravas a nosa historia, con saias e a rachar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, ata as 14 horas do 26 de febreiro, de 9:00 a...

A exposición XIV Premio Internacional Jesús Nuñez de Arte Gráfica/2019, da Deputación de A Coruña, poderá visitarse desde o 19 de febreiro ao 3 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no horario de apertura do centro.  

O Entroido Virtual Rianxeiro 2021 consiste na celebración do Entroido a través das redes sociais, animando ás familias a publicar fotografías e vídeos curtos cos seus disfraces, complementados con escenificacións e actuacións: cantando, bailando, actuando... As categorías nas que se pode participar son tres: individual, familiar (deben aparecer membros de distintas xeracións) ou grupos...

Por mor da evolución da pandemia e atendendo ás medidas para evitar a súa transmisión, a partir deste 26 de xaneiro, todas as actividades dos centros socioculturais en parroquias, no Auditorio, na Biblioteca e demais instalacións culturais quedan suspendidas ata novo aviso.  Solicitamos a colaboración da cidadanía para que a atención nesas dependencias se limite a casos de extrema...

Venres 29 de xaneiro, ás 19.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021: Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Presentación do suplemento no 161 de A Voz de de...

A exposición de gravados Luís Seoane: Homenaxe á Torre de Hércules, poderase visitar dende o 23 de xaneiro ao 06 de febreiro, no Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021. Componse de 49 debuxos de Luís Seoane, e a obra pertence ao Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Concello de Ribeira) Páxina do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro,  ás 19.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. No concerto, enmarcado nos Actos Castelao 2021, o grupo Ailá presentará o seu traballo ELO: Un camiño de músicas. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende concertos, presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro e principios de febreiro. Actos Castelao 2021 SÁBADO 23/01, 19.00 Ailá en concerto. Presentando o traballo ELO. Un camiño de músicas (Rede Cultural da...

As SS. MM. os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo; sairán ás 16.30 horas do Seixiñal de Isorna e continuarán por Leiro, Rianxo, Asados, O Araño e Taragoña para rematar, cunha recepción sen público, no Auditorio de Rianxo aproximadamente sobre ás 19.30 h. Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo. Canle...

Oriente, decembro de 2020 Queridas familias: Poñémonos en contacto con vós para confirmarvos que aínda que a viaxe se nos está complicando por cousa das medidas de prevención e control desta pandemia, o vindeiro martes día 5, estaremos novamente en Rianxo. Estamos ansiosos de volver a Rianxo e, coma sempre, levarvos os agasallos e celebrar con todos e todas vós o Nadal e a chegada do ano...

Desde o 29 de decembro ata o 18 de xaneiro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de obras gañadoras e seleccionadas do Certame Isaac Días Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña. O horario de apertura é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.  

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas. Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado. Podes anotarte aquí: https://nadal2020.es/ ...

Informamos de seguintes cambios de ubicación e horarios na programación do Titiribeira: Festival de Títeres Tradicionais: Espectáculos previstos para o CCD de Taragoña trasládanse á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O Baúl de Barriga Verde, de Títeres Cascanueces, o sábado 26 de decembro, ás 18.00 horas. Teatro á feira, de A cova das letras, domingo 27 ás 12.00 horas.​​​​​​​ ...

O Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo será, este ano 2020, emitido en directo pola canle de Youtube da Escola de Música: https://youtu.be/SqIOqN3xbiA​​​​​​​ ​ Todos os días ás 20.00 h, ata o 6 de xaneiro, estrearase un novo vídeo.

O vindeiro sábado, 2 de xaneiro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa...

O vindeiro sábado 26 de decembro, a partir das 17.30 horas, o espectáculo de danza, música e teatro Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro encherá as rúas de Rianxo. Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan "Os Apalpadoriños", elfos rústicos e axudantes destes personaxes que...

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival,...

A Asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, ofertan este obradoiro de Commedia dell ́Arte, dentro das actividades programadas no Festival especializado en títeres tradicionais, Titiriberia. Impartido por Nando Llera, actor, director e profesor de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática  (ESAD) de Galicia, e presidente da Asociación...

O vindeiro sábado 12 de decembro terá lugar ás 18.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Festa do Nadal organizada pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo. Reserva de entradas en reservaentradas@charlatana.org

O sábado 19 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a gala de entrega dos Premios Barbantia da Cultura do 2020. Durante a gala farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020 e o suplemento 160 A Voz de Barbantia. A reserva de localidades é obrigatoria e farase no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​, do 10 ao 17 de decembro. É necesario...

Do 4 ao 26 de decembro no Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Son Agasallo. Artesanía en madeira. O acto de inauguración será o venres 4 ás 12.30 horas.

O sábado 5 de decembro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretado pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto co antigos alumnos e alumnas da ESAD de Galicia. A entrada é con reserva de localidade no correo-e auditorio@concelloderiaxo.gal...

A exposición Kinetiko de "Xirapaus" poderá visitarse os días 22, 23, 26 e 27 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, na Casa de Cultura "Cuartel Vello" Exposición Kinetiko de "Xirapaus" Presentamos unha iniciativa que bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados para o xogo, para tocar e desfrutar nun contorno interxeracional apostando por...

A Asociación Ondiñas Mainas organiza nos baixos da Biblioteca Municipal unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia. Pode visitarse do 24 de novembro ao 8 de decembro. Máis información na páxina web de Ondiñas Mainas  

O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. Destinada a un público familiar con crianzas de 8 anos en adiante. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183...

As varietés do Barriga Verde celebraranse o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes de Rianxo, destinado a público adulto. Este espectáculo celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.​​​​​​​ Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir...

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a crianzas maiores de 3 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

A compañía Fantoches Baj representará a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a maiores de 5 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell'Arte representará a obra Ratas! o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo domingo 27 ás 12.00 horas. A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de...

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo sábado 26 ás 18.00 horas. A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro sábado 26 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de...

A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro mércores 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no...

A compañía Viravolta Títeres representará a obra o vindeiro martes 22 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal...

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal...

O vindeiro sábado, 14 de novembro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa...

ENTRADAS ESGOTADAS Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti). A función terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas. Está destinada a un público adulto e ten unha duración de 2 horas. A entrada é de balde, previa reserva en...

O vindeiro venres 6 de novembro celebrarase no Auditorio de Rianxo o III Memorial Mireya Dieste, organizado pola Irmandade da Musica Galega e o Concello de Rianxo. Ás 18:00 horas, no Salón de Actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo. Ás 20:00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano...

Do 30 de outubro ao 28 de novembro pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de pintura: Reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa realizada polo pintor Francisco Pérez Alonso. ​​​​​​​O acto de apertura será o venres 30 de outubro ás 20.00 horas.  

Dende a Asociación C. Alberto Romero informan de que xa están abertas as inscricións para a V edición do certame de curtas Alberto Romero, o prazo remata o 31 de decembro. Toda a información e bases novas na web: www.albertoromero.org

O venres 23 de outubro,  ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca. A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso. "O mel non caduca" é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación...

O venres 16 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa. A entrada é de balde con reserva previa no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo,...

A compañía de danza Entremans achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Gaia. A función será o vindeiro sábado 17 de outubro ás 19.00 horas. Destinada para un público infantil e familiar, crianzas maiores de 3 anos. Forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde previa reserva de localidade en auditorio@concelloderianxo.gal...

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...

A produtora Zeitum Films realizará un casting o 29 e 30 de setembro en Rianxo para unha nova curtametraxe.