Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Baixo a dirección e dramaturxia de María Peinado, a compañía Teatro da Ramboia pon en escena a peza teatral O meu mundo non é deste reino, unha farsa de Manuel María con Anxo García e Fran Lareu. Terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 3 de outubro ás 20.30 horas. Está recomendada a un público maior de 14 anos. A entrada é de balde previa reserva en...
O venres 2 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación teatral Crónicas dunha heterosexual insatisfeita a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas. Está recomendada a un público adulto. A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 ao 30 de setembro de 9.00 a 13.30...
O prazo de inscrición para as clases de preparación para acadar o título de Graduado en Educación Secundaria será do 14 de setembro ao 9 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Social Liceo de Rianxo. Os requisitos para inscribirse son ter os 18 anos cumpridos e estar en posesión do Graduado Escolar, ter 1º e 2º da ESO ou o certificado de escolaridade.
O espectáculo Medida x medida, baixo a dirección de Quico Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas. Recomendada a un público adulto. Entrada de balde con reserva previa. A solicitude de...
Xa está aberto o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da Uned Senior en Rianxo, un proxecto educativo destinado a persoas maiores de 50 anos. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral. Iniciación aos teléfonos móbiles e tabletas intelixentes. Nivel Básico. Práctica instrumental: gaita e percusión. Nivel intermedio. As prazas son limitadas,...
O programa universitario de maiores, o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, achégase a Rianxo co programa Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase dunha formación universitaria para os maiores de 50 anos. Son unha serie de seminarios e obradoiros que se desenvolverán do 5 ao 14 de outubro no Auditorio de Rianxo. 05/10/2020 16.30 - 18.00 h Seminario Estilos educativos...
O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro, do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...
O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...
O vindeiro martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas Rutas Xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Reservas: do xoves 13 ao luns 24, de 09:00 a 13:30, en días laborais, en: auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 18 32 17.
O sábado 15 de agosto, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Manuel Abuín Queiruga Vivencias dun mariñeiro rianxeiro. O acto será presentado por X. Ricardo Losada (escritor e profesor) e contará coa presenza de Nuria Abuín Carou, Manuel Jesús Abuín Carou, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor. A entrada será con reserva...
O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 22:30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto do grupo Barahúnda, integrado por Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro, José Luis do Pico Orjais e Txema Mawenya. Nesta ocasión estarán acompañados por: José Nine, Isabel Rei Samartim e Raúl Lojo. Prazas só con reserva previa preferentemente no correo-e...
O vindeiro venres 24 de xullo, ás 21:45 e o martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas rutas xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Só con reserva de praza en: auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 18 32 17. Reservas para a sesión do venres...
Do 10 ao 15 de agosto, a Biblioteca Municipal de Rianxo permanecerá PECHADA. Desculpas polas molestias ocasionadas.
O vindeiro sábado 15 de agosto, ás 21.30 horas, a Banda da Escola de Música de Rianxo organiza un concerto no Campo de Arriba de Rianxo. É necesario facer reserva de praza, porque a capacidade do espazo é limitada. Reservas do 10 ao 13 de agosto no correo-e escolademusicaderianxo@gmail.com ou no teléfono 671 058 555. Máis información no facebook da banda
O vindeiro venres 14 de agosto, ás 22:30, terá lugar na Praza Castelao, a proxección do filme galego María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. No acto estará presente Ignacio Vilar (director do filme) que realizará unha presentación do filme, encontro cos asistentes e photocall, e un coloquio posterior despois da proxección. Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforamento será...
Dentro das actividades paralelas no marco do festival Noites de Jazz de Rianxo, unha delas é a exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva LLoréns e 17 poemas de Mª do Carmen Kruckemberg, que terá lugar na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo do 24 de xullo ao 14 de agosto. A apertura da exposición terá lugar o venres 24 de xullo, ás 12.30 horas.
O 29 e o 30 de xullo, de 10 a 14 horas, terá lugar no Concello de Rianxo un curso gratuíto de decoración sobre azulexos. Esta destinado para tódolos públicos, a partir de 12 anos. As prazas son limitadas, 15, e a inscrición hai que realizala no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 183 217
Do 3 ao 5 de xullo desenvolverase no Concello de Rianxo, Zona da Zanfona, un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020. A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde,...
Do 26 de xuño ao 18 de xullo pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición "As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: a orixe" organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. O acto de apertura terá lugar, ás 20.00 horas, o venres 26 de xuño. O horario de visitas é de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
O venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto contarase coa presenza da autora xunto con Encarna Pego, profesora e socia de Barbantia, Xesús Santos, historiador local e socio de Barbantia e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo. Tamén terán lugar as actuacións de Barahunda e Tero...
A Mancomunidade Arousa Norte acaba de sacar unha nova ferramenta a Axenda Barbanza, para estar ao tanto de todas as propostas culturais da comarca. Podes filtralas por concello, data ou categoría. Podes consultala no seguinte enlace https://axendabarbanza.gal/Inicio/
PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa: "Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e...
SUSPENDIDA O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de...
O vindeiro sábado 29 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Gala de entrega de premios do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A entrada é con convites, non haberá ningunha dispoñible na billeteira do Auditorio. Podes seguir a gala en directo: - Na canle da televisión do Canal Barbanza - Nas redes sociais da Asociación Alberto Romero - No...
O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. Nesta ocasión presentarase o libro de Xico de Carinho titulado Na harmónica e a intervención artística correrá a cargo de Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns,...
O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Módulo II Iniciación á informática e á Internet. Módulo II Cociñando para alimentarse ben II Práctica instrumental
Por mor da choiva, o acto previsto para hoxe dentro da programación dos Actos Castelao 2020, trasládase para o Salón de Plenos do Concello de Rianxo. A ofrenda floral realizarase no Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao) e as intervencións de autoridades e o acompañamento musical, no Salón de Plenos do Concello.
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o venres 31 de xaneiro, continúan as propostas dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo. A partir das 20.30 horas terá lugar a presentación do núm. 151 d'A Voz de Barbantia e do libro Escribirme de Hector Pose Porto, da Editorial Do Peirao. No acto, ademais do autor, estarán presentes Xesús Laíño e Milagros Torrado, da Asociación...
Dentro da programación dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo, o sábado 25 de xaneiro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa realizado por Vou Fims. Na proposta terá lugar unha mesa redonda con Lois Basallo (director e guionista), Adriana Rego e Vanesa Mariño (historiadoras da arte) e Sergio Pazos e...
Ricardo de Barreiro ofrécenos, a través desta performance-presentación do seu audio-libro A+A, unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor. Realizarase o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Biblioteca Pública Castelao de Rianxo. Está destinada a un público adulto, con inscrición previa no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (ata a mañá do mesmo...
Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro. As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro. NOTA: A presentación do libro de José Carou Rey Desvelando a Ademar Escambia, adiase para outra data a...
O vindeiro venres 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, presentarase no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo o libro "Nunca sabes a donde te lleva la vida" do autor alemán Michael Künstler. Blog de Michael Künstler
Do 24 ao 31 de decembro, na carpa que se colocará na Praza Castelao con propostas familiares. O 24 e o 31 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30 horas. O 26, 27, 28 e 30 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Xa podedes consultar a programación por día na seguinte imaxe:
Xa queda pouquiño para que comece o 2020 e tamén para a noite máis máxica do ano, a #noitedereis. Os Reis Magos xa están todos atarefados cos preparativos e piden da vosa axuda para a Cabalgata no Concello de Rianxo. Podes facelo de moitas maneiras: acompañando a comitiva, na montaxe, na organización... Chama ao 981 100 688, envía un correo a cultura@concelloderianxo.gal ou pásate polo Auditorio.
Unha historia de lume e sacrificio O que arde, un filme de Oliver Laxe na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proxección terá lugar o venres 20 de decembro, ás 21.00 horas. Recomendado para un público maior de 7 anos. Duración: 85 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa. Retirada dende unha hora antes do comezo da proxección. O que arde
O III Ciclo de Novos Intérpretes chega ao seu fin, o derradeiro concerto correrá a cargo de Aldara Muíños Rodríguez ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. A proposta terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o vindeiro venres 13 de decembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo.
O 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. A exposición forma parte do programa dos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios de apertura do auditorio, dende o 20 de decembro...
O sábado 7 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla organizado pola Coral Abraira do Centro Cultural Simon Varela de Asados. Actuarán a Coral San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira e a Coral Abraia de Asados.
Xa se poden consultar as persoas admitidas no obradoiro de experimentos: A maxia da ciencia! Pincha no seguinte enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 29/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste sitio web.
APRAZADO ATA NOVO AVISO a proposta do venres 29 de novembro, ás 19.30 horas, comezará na Casa dos Dieste a II Semana da Música Irmandiña cunha conversa con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais arredor da historia do piano na Galiza . Ademais haberá un concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo. O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes,...
Talía Teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar, Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas. Espectáculo recomendado para familias con crianzas entre os 6 e os 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio...
O venres 29 de novembro, ás 21.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, gañadora do Premio Viadutos de Novela 2019. No acto contarase coa presenza de Malores Villanueva (Editorial Galaxia), Antón Riveiro Coello (escritor e socio de Barbantia), Alicia Fernández Ínsua (estudante de Comunicación...
Joelle Saliba ofrecerá un obradoiro e unha conferencia dentro do programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es de Axóuxere. O obradoiro de literatura desenvolverase os días 30 de novembro e 1 de decembro e ten o título de Que é o que pasaría se. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo electrónico info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao...
O espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de novembro ás 20.30 horas. Destinado a público adulto. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pode retirarse desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sitio web Nova Galega de Danza
PRAZAS CUBERTAS A xente que estea interesada pode inscribirse nunha listaxe de reserva. A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. OBRADOIRO PARA FAMILIAS Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. O sábado de 11.00 a 13.00 horas,...
Xa están publicadas as persoas admitidas no obradoiro A ciencia nos tempos Castelao, Dieste e Manuel Antonio. As 10 prazas non cubertas, poden ocuparse, por orde de inscrición, ata o venres 22/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude que se atopa neste sitio web. Podes consultala no seguinte enlace
Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO. O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval. Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de...
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas. Está destinado a un público adulto. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Proposta do...
Henrique Komatsu ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificación da realidade», o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de...