Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Páxinas etiquetadas con concerto times .

O vindeiro xoves 24 de agosto, ás 21.00 horas, a praza Rafael Dieste acollerá un concerto a cargo do alumnado e profesorado participantes no campamento musical que se está realizando nos concellos de Barro e Rianxo.

O grupo Gelria achégase á praza Rafael Dieste de Rianxo para presentar o seu primeiro traballo: "Cantos de poeta". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto, ás 22.30 horas (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo). O trío Gelria nace dentro do proxecto co mesmo no nome, co fin de difundir e promocionar dun xeito máis directo os seus principais traballos musicais....

O vindeiro sábado 22 de xullo, ás 23:00 horas, terá lugar na Praza Castelao de Rianxo o concerto do grupo de música tradicional TREIXADURA que presenta o seu novo traballo Ao vivo. Sitio web Treixadura

Carmen Penim e Maurizio Polsinelli forman o grupo 2naFronteira que se achegarán ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 23 de xaneiro, ás 20.30 h., co concerto Son de nós. Relatos sonoros da época de Castelao; nesta ocasión acompáñaos Carmen Gallego (nickelharpa e violín) e Miguel Paz (percusións). A proposta está enmarcada dentro dos Actos Castelao que a Concellería de Cultura, Xuventude,...

Barahúnda presenta en concerto o seu novo traballo discográfico, Múdanse os ventos, no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 13 de outubro ás 21.30 horas. O concerto conta coas colaboracións musicais de José Luis Dopico, Aida Saco e Chema Mawenya, a intervención plástica a cargo de María Manuela e presentado por Tero Rodríguez. O custe da entrada é de 5  € (dos que 2 € serán doados á...

SES presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado" no Auditorio de Rianxo Entradas á venda na Cafetería Castelao Rianxo e na Cervexeria Gallaecia Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto enviando un mail a info@dezetapro.com Prezo 10€ Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e...

Rianxo volta coa Rede de Músicas Soltas o outono cun novo concerto. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo Primordiais, dúo formado por Marcelo González na voz e Luís Martíns coa harpa, adaptan do repertorio tradicional da zona de Soutomaior as súas inquedanzas e ideais sobre a músicas popular reinterpretada. Ofrecen un concerto íntimo e próximo con...

O concerto da Escola de Música de Rianxo interpretando a obra Retrincos de David Fiuza previsto para o xoves 25, ás 21.00 horas no Campo de Arriba trasládase para a Praza Rafael Dieste no mesmo horario. O concerto forma parte da programación que se vai desenvolver dentro da Feira do Libro de Rianxo, que se celebrará dende o 25 ao 28 de xullo.

O próximo sábado 13 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto sinfónico a cargo da BANDA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO programado dentro do IX Ciclo de Bandas organizado conxuntamente pola Escola de Música e o Concello de Rianxo.

O próximo venres 14 de xuño, ás 20.30 horas, volve a Rianxo o programa Rede de Músicas Soltas organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión o concerto será a cargo de JazZología, un trío de jazz dende Cuba  Made in Galiza. As entradas teñen un custe de 5€ e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto. JazZoología é a...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva...

O próximo venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo haberá un concerto a cargo de Jamila Purofilin que cantará a Cortázar acompañada da guitarra de Willy Mondeja. As entradas terán un custe de 5 € e poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

O próximo mércores 1 de maio, ás 13.00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo da Banda Infantil e do Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo. O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá   seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona) Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional...

O próximo sábado 20 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo desevolverase a proposta Baixo o mesmo ceo, un concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán: María Manuela Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por: Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados) As entradas poden retirarse unha...

Un ano máis Rianxo acolle o 9 Encontro Internacional: Zona da Zanfona no que especialistas e afeizoados comparten espazos arredor deste instrumento co denominador común da contemporaneidade. Está organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo e coa colaboración de Axóuxere Editora. O programa é o seguinte: xoves 18 abril Sesión didáctica para escolares co...

O próximo sábado 13 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.  

O próximo 12 de abril na Sala Capitol (Santiago de Compostela) terá lugar a presentación do Festival Antrospinos que se realizará no verán en Taragoña. Nesta presentación actuaráN La Troba Kung-Fu e A Compañía do Ruído. As entradas custan 10 € ANTICIPADA e 12 € en TAQUILLA. Pódense adquirir no seguintes establecementos: A Reixa - Santiago Roxerius - Rianxo Xuntanza - Taragoña...

O próximo sábado 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo realizarase un concerto a cargo do alumnado mozo de  Estudio, Escola de música (Santiago de Compostela) e da Escola de música Juan Francés de Iribarren-Sangüesa (Navarra) coa colaboración de: Coro de Nenos de Estudio, escola de música Combo tributo a John Scofield de Estudio, escola de música Combos da...

O sábado 20 de abril no Campo de Arriba de Rianxo a Asociación Festival Antrospinos organiza o Antrospinos Miúdo. A partir das 22.00 horas comezará o concerto de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix. Ao longo do día tamén se celebraran diferentes actividades. Cartaz

O próximo sábado 23 de marzo, ás 20.30 h., terá lugar no Auditorio de Rianxo un Concerto de Música de Cámara a cargo do grupo de ensembles da Escola de Música de Rianxo. Cartaz anunciador

Comeza o programa REDE DE MÚSICAS SOLTAS co concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira onde presentarán o seu novo traballo Acróbata. O concerto será o próximo venres 22 de marzo, ás 20.30 h., no Auditorio de Rianxo. Acróbata é música sabrosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense a cargo do dúo entre Fred Martins e Ugia...

A Escola de Música de Rianxo organiza o concerto de fin de curso 2012 de clarinete, trompa, tuba, trombón, bombardino, percusion e banda infantil. Terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00h no Campo de Arriba, agás en caso de choiva, que se trasladaría ao Auditorio.                    

O sábado 30 de xuño terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo un concerto en favor dos refuxiados saharauis, do Programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz". As actuacións musicais irán a cargo de Verdegaio e Orquestra Os Modernos.      

O domingo 3 de xuño, ás 20.00 h, no Auditorio de Rianxo terá lugar un CONCERTO DE FRAUTA para clausurar o I Curso de Frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo. O concerto atópase enmarcado dentro dos actos para conmemorar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.  

O grupo de música tradicional Río de Anxo ofrecerá un concerto o sábado 2 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O aforo é limitado. A retirada de entradas comezará unha hora antes do inicio do concerto.

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

— Resultados por páxina
Mostrando 34 resultados.