Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Páxinas etiquetadas con exposición times .

Do 1 ao 20 de setembro poderase visitar no auditorio de Rianxo a exposición LETRAS Ó CAMIÑO, organizada pola Asociación Cultural O Ferrado. Na exposición mostrarase a primeira década das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas, dende o 1963 ata 1972, así como tamén outros escritos de poetas descoñecidos. Máis información na páxina de facebook da Asociación O Ferrado

Dende o venres 1 de setembro, a partir das cinco da tarde, ata o sábado á  noitiña, poderase visitar, nos baixos da Biblioteca Municipal de Rianxo, unha exposición relacionada coa homenaxe a Ramón Carou Romero, que inclúe fotografías e instrumentos que nos achegan un pouco máis ao artista rianxeiro.

Do 12 ao 31 de agosto, nos baixos do Cuartel Vello terá lugar a exposición Hai arte nas casas organizada polo colectivo artesán Ondiñas Mainas. Máis información na páxina de Facebook de Ondiñas Mainas

O Cuartel Vello de Rianxo acollerá do 21 ao 23 de xullo, a X Exposición de Selos e Moedas organizada pola Asociación de Filatélica e Numismática de Rianxo.

A apertura da exposición terá lugar o sábado 5 de outubro, ás 12.00 horas.

Do 5 ao 26 de outubro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición Zeramils do escultor Fran Lareo. FrAn LaREo naceu en Brión no  1966 ( A Coruña) empeza a deseñar escultura en pequeno formato en 1998. Todas as esculturas están feitas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu pequeno laboratorio, situado en Santa Minia, Brión. Todas as pezas...

Dentro do programa anual de exposicións que desenvolve a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, iniciará a súa andaina a mostra titulada AZUL DE LÚA, da pintora rianxeira Elena González Mayo. Poderá visitarse no Auditorio de Rianxo desde mañá sábado ás 11:00 horas (ás 12:00 a autora atenderá a medios e visitantes) e permanecerá aberta ata o vindeiro día...

O próximo sábado 10 de agosto, ás 12.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a inauguración da exposición de Óleos da pintora Teresa Argibay. A exposición poderá visitarse ata o próximo 31 de agosto,  de martes a sábado de 11.00 a 13.30 horas.

O próximo 8 de xuño, ás 21 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo, a inauguración da exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario. A exposición poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 6 de xullo. Teatro airiños Teatro airiños

Dende o 8 ao 30 de xuño no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pode visitarse a exposición de fotografía Vivindo na Comunidade organizada pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional. Asociación Ambar

Dende o 3 de maio ao 2 de xuño, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poden visitar a exposición de pintura Retrospectiva de Manuel Lesende. O acto de inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de maio ás 20.30 horas.

Xa te podes inscribir no obradoiro de creación poética POETIZANDO (de minimis) arredor da exposición fotográfica de minimis de Marga Piñeiro Díaz impartido por Sther F. Carrodeguas. Máis información

Sther F. Carrodeguas impartirá un obradoiro de creación poética POETIZANDO (DE MINIMIS) arredor da exposición fotográfica de Marga Piñeiro Díaz. Desenvolverase o próximo sábado 27 de abril de 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688 Ás 13.30 horas haberá un recitado final...

Podedes obter máis información, na que se inclúe unha reportaxe da exposición en Rianxo, sobre De ninimís da fotógrafa Marga Piñeiro que nestas datas atópase pendurada no Centro Sociocultural de Rianxo, na seguinte ligazón. Entrada con información da exposición

Dende o venres 12 ata o sábado 27 de abril pode visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía De Minimis de Marga Piñeiro Díaz. O acto de inauguración terá lugar o venres 12 de abril, ás 19.30 horas. Marga Piñeiro Díaz reside en Chantada e profesionalmente adícase ao ensino e como afeccionada a maior parte do seu tempo libre ao mundo da Fotografía. ...

Dende o 6 de abril ao 5 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción. O acto de inauguración xunto coa presentación do audiovisual Un mar de mulleres terá lugar o sábado 6 de abril ás 12.00 horas.

Dende o 1 ao 9 de marzo pode visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición fotográfica O Latexo das Prazas promovida polo Concello de Pontevedra. Na exposición recóllense fotografías das diferentes prazas de Pontevedra a través das cámaras de Rafa Fariña, Gonzalo García, Javier Cervera-Mercadillo, David Freire, Alba Sotelo, Guille López, Noé Parga, Ramón Leiro,...

O venres 27 de xullo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.

O luns 28 de maio ás 12.30 inaugúrase a exposición de pintura e escultura "Lembranzas mariñas", de Nolo Suárez e "Xeomaquias" de Nando Pereiro, no Auditorio de Rianxo. A exposición permañecerá aberta o propio luns da inauguración e ata o sábado 23 de xuño nos horarios: martes a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 sábados de 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 Descarga do dítico...

No Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo terá lugar, do 4 ao 23 de Maio a exposición fotográfica RETROSPECTIVA a cargo do Foto Club Sávora. As fotos expostas pertencen aos seguintes fotógrafos:     Óscar Iglesias     Xoan Antón Castro     Caxenas     José M. Prado     Oscar Reboiras ...

— Resultados por páxina
Mostrando 20 resultados.