Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Páxinas etiquetadas con libro times .

O próximo sábado 19 de agosto, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da nova publicación de Xosé Luís Axeitos "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía". No acto ademáis da presenza do autor, estarán presentes Manuel Bragado (director da Editorial Xerais), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Anxo Angueira (profesor, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro).

O próximo venres 4 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Iria de Anxo Angueira. O acto contará coa participación de X. L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira,

A presentación do libro Faustino Rey Romero. Obra poética e filosófica a cargo de X. Ricardo Losada prevista para o 18 de maio, aprázase para o VENRES 21 DE XUÑO, ÁS 20.30 HORAS no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O venres 12 de abril, na Biblioteca Pública Municipal, ás 21.00 horas, terá lugar a presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell: Música Revelada. No acto, conducido por José Luis Dopico, comparecerán Ramom Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, Alejandro Vargas, director musical. Ademais contará cun mini concerto de Alejandro Vargas, ao piano, sobre melodías de Eugenio...