Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O grupo de teatro Airiños organiza unha función de teatro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión convidan ao grupo Andaravía teatro a representar a obra Xacovedra o sábado 4 de xuño ás 21.00 horas. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Xacovedra foi escrita e dirixida por Manuel Cortés. É un espectáculo de variedades onde hai...

O grupo PatakaMacabra da escola de teatro Airiños presenta Reset. Historia dun futuro roubado, a función terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 11 de xuño, ás 20.30 horas. A obra é unha creación colectiva dirixida por Amantia Coello. O elenco artístico está formado por Sara Rial, Irene Ordóñez, Mateo Figueiro, María Alcalde, Celia Blanco, Estefanía Moares, Álvaro...

Por causas alleas ao Concello de Rianxo, a función Nais prevista para este sábado ADIASE para o venres 3 de xuño. As reservas xa feitas e confirmadas anúlanse, se desexa asistir nesta nova data ten que facer unha nova reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ ​​​​​​O vindeiro VENRES 3 dE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS,terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción...

O sábado 28 de maio, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIX Concerto aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. Só con reserva de localidades no seguinte formulario https://forms.gle/VDimnvLh5LXc9YkVA

O concerto previsto para o sábado 21 de maio, para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ADIASE para nova data por causas alleas ao Concello de Rianxo. O do venres 20 de maio mantense ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo, con Javier Ares ao piano e Teresa Morales Diego ao violonchelo. Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos,...

O Concello de Rianxo organiza un obradoiro de iniciación ao teatro pata adultos impartido por Amantia Coello. Desenvolverase os luns de 19.00 a 21.00 horas dos meses de xuño a setembro. O lugar de impartición será no Centro Social  Liceo de Rianxo. A matrícula ten un custe de 40 € que abrangue todos os meses de duración do obradoiro. Máis información e inscricións no correo-e...

Dentro do Festival Noites de Jazz 2022, unha das accións formativas é un curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila. Mestre: Alfredo Susavila Lugar: Auditorio de Rianxo Calendario: Martes e xoves do mes de xullo de 2022 (máis información do documento adxunto) Horario: 10:00 a 14:00 Clases teórico - prácticas Concerto de Clausura: mércores 3 de agosto. Matrícula gratuíta, cunha...

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o sábado 14 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar o espectáculo Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas. A proposta forma parte das actividades que a Deputación da Coruña desenvolveu este ano co gallo da celebración do Día dos Museos 2022, pretendendo achegar aos concellos da provincia a representación do espectáculo Máis Alálá de Xelís de...

O próximo xoves 5 de maio, ás 21.00h, no salón de actos do Auditorio de Rianxo presentarase o libro A MARELA OU AMARELA de Manu Sobral. Na presentación ademais do autor da publicación estarán presentes; Manu Martínez (ilustrador), Clodio González (coordinador editorial Toxosoutos) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)    

Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres escenarios: o salón de actos da Casa Dopeso das Pontes, os días 7 e 14; o Auditorio Municipal de Rianxo, o 20 e 21; e a...

O sábado 7 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un Concerto Homenaxe a Brea Segade con Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo). O concerto consiste na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír á recuperación e...

O vindeiro venres 13 de maio, ás 21.00 horas, realizarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un pase aberto da nova produción teatral Continente María, unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego. Esta compañía forma parte do programa de residencias do Concello de Rianxo, no que levan xa varias semanas facendo uso da...

O sábado 7 de maio, ás 12.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación dos poemarios de Ricardo Seixo Fernández Sinais, Coa Luz Negada e Na República da Intimidade. Na presentación ademais da presenza do autor contarase con Xosé Luís Axeitos (escritor e académico), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) e coas intervecións musicais e poéticas a cargo do colectivo Gosto...

O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, achégase ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase de 6 seminarios de formación universitaria para as persoas maiores de 50 anos que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. LUNS 09/05/2022  16.30-18.00 Seminario: Simboloxía das cores.  Dna....

ADIADA PARA O 27 DE MAIO O venres 27 de maio, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a obra de teatro Gloria Nacional da compañía de Teatro do Noroeste, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022​​​​​​​. A entrada é de balde, pode facerse a reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se...

A estrea en Galicia do filme de Eloy Domínguez Serén, Rompente, proxectarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 6 de maio ás 21.00 horas e a continuación terá lugar un encontro co director, produtor e protagonistas do mesmo. O rianxeiro Sergio Baleirón é o protagonista xunto con Soraya Luaces e Vicente Mohedano, ao longo do desenvolvemento da película tamén podemos...

O luns 25 de abril, no Cuartel Vello de Rianxo, ás 20.30 horas terá lugar o VIII  Encontro Veciñal para Cantar Grândola (e algo máis... ) Contarase coa presenza de Barahúnda.

O sábado 30 de abril, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción de Excéntricas O porco de Pé de Vicente Risco, na versión de Pepe Sendón e baixo a dirección de Quico Cadaval. A entrada xeral ten un custe de 10 € na billeteira do auditorio o propio día da función. Entrada con desconto cun custe de 5 € reservando previamente no whastsapp 618752105 ou...

O vindeiro venres 22 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de Actos do Auditorio de Rianxo a proposta da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Verdugos do 36: golpistas, delatores, represores con Gustavo Hervella García (licenciado en Historia Contemporánea, especialista en Historia de Galicia no século XX. No acto tamén se nomeará a Xesús Santos Suárez como...

O vindeiro sábado 23 de abril, ás 12.00 horas, no kilómetro 9 da estrada AC-305 terá lugar unha homenaxe ás vítimas do franquismo na Paradegua co descubrimento dunha placa e a ofrenda floral, no acto intervirán Adolfo Muíños, Xesús Santos, CRMH da Barbanza, Tero Rodríguez e contará cunha actuación musical. O acto está organizado pola Comisión pola memoria histórica da Barbanza coa colaboración...

Semana Santa nos museos de Rianxo

O 29 de abril o Concello de Rianxo volve a formar parte do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, nesta ocasión desprazarémonos en autobús ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a función Ás oito da tarde cando morren as nais de Avelina Pérez coa dirección e dramaturxia de Marta Pazos. O autobús sairá de Setefogas ás 18.00 horas e a volta será sobre as 22.00 horas...

Do 8 ao 30 de abril, pode visitarse na Sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Galicia, un pobo, unha selección promovida por Via Galega. Unha exposición para un país. Co anhelo de reivindicar as seleccións nacionais galegas e a rica historia deportiva do noso país, desde Vía Galega desenvolvemos unha campaña que ten como eixo central unha exposición aberta a toda a cidadanía. ...

A Compañía do Ruído organiza en Rianxo a Festa da Chuvia os vindeiros 9 e 10 de abril. Podes descargar aquí o folleto Máis información no seu facebook da Festa da Chuvia

O Concello de Rianxo vai desenvolver o obradoiro "En-rede-ando", a proposta traballará a igualdade de xénero a través da danza e as diferentes disciplinas artísticas (plástica, video-creación, fotografía, escrita, música,..). O obradoiro desenvolverase os sábados de 10.30 a 13.00 h, no Centro Social Liceo, comezando o sábado 09 de abril. Para máis información e inscricións no correo...

En Asados, na Atalaia concretamente nos grupos vellos o grupo de Teatro Airiños organiza as Veladas de Primavera coa colaboración do Concello de Rianxo. - Sábado 2 de abril, ás 20.00 horas, presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco acompañados da música de Barahunda - Domingo 3 de abril, ás 19.00 horas, representación de Cataturxia polo Grupo de Teatro Airiños. - Venres 8 de abril, ás...

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o seu novo libro Xinque! no salón de actos do auditorio de Rianxo o vindeiro venres 25 de marzo ás 19.00 horas. Na presentación ademais do autor estarán presentes Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Rafa Xaneiro, Roberto Abuín (editor). A reserva pode facerse no enderezo www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme dende o...

Exposición "Lévedo lila" - Galería audiovisual con referentes do ámbito cultural galego con perspectiva de xénero, do 7 ao 10 de marzo na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. Proxecto Lévedo Lila O proxecto "Lévedo lilá" é unha iniciativa de Xandobela | Educación e Cultura, que busca visibilizar referentes da cultura e das artes galegas con perspectiva de xénero con e entre a mocidade:...

ADIADO! NOVA DATA: A nova data para a función de teatro Gloria Nacional será o 27 de maio. O venres 25 de marzo, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a obra de teatro Gloria Nacional da compañía de Teatro do Noroeste, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022​​​​​​​. A entrada é de balde, pode facerse a reserva en...

O venres 18 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra teatral A lúa vai encuberta,​​​ unha coprodución de Incendiara, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo Manuel María, CDG e MITFC, co patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo.  A peza foi gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos teatrais. Público recomendado: persoas...

O Concello de Rianxo forma parte do programa de mobilidade para a asistencia ao novo espectáculo do Centro Dramático Galego, A Peste, dirixida por Cándido Pazó e inspirada na novela de Albert Camus. O sábado 12 de marzo desprazarémonos ao Salón Teatro de Santiago de Compostela. A entrada está bonificada, ten un custo de 6 € e ademais hai un servizo gratuíto de autobús ata completar 50 prazas....

Exposición arte en ferro, A metade do ceo de Che Tembra, do 4 de marzo ao 3 de abril na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. O acto de apertura terá lugar o venres 04 de marzo ás 19.00 horas e ademais do autor da exposición participará o Grupo de Teatro Airiños, o grupo Barahúnda, a Asociación Cultural Barbantia, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o...

AVISO: Por mor da climatoloxía adversa para a tarde de hoxe, martes 1 de marzo, as actividades  previstas na Praza Castelao TRASLÁDANSE AO AUDITORIO DE RIANXO. Consultar no cartel a programación do Entroido Rianxeiro 2022. Animar a toda a veciñanza rianxeira a disfrazarse nestas datas tan tradicionais!!!!!!!  

Hoxe venres 25 de febreiro o Auditorio de Rianxo acolle o inicio dunha nova residencia artística, desta volta coa compañía CONSTANCE HURLÉ para a montaxe do seu novo espectáculo LARA HIERRO. O vindeiro xoves día 3 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a estrea deste novo espectáculo de teatro contemporáneo (multidisciplinar) LARA HIERRO da compañía...

En colaboración coa Deputación da Coruña, o vindeiro día 4 de marzo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Rianxo acolle a proxección do filme Aquí Tou!, un formato audiovisual que traslada á pantalla un espectáculo de humor de Xosé A. Touriñán a través dos códigos propios do cinema. Realizado con varias cámaras e cunha coidada dirección de arte e fotografía. Aquí Tou! leva a experiencia da comedia...

O venres 25 de febreiro, ás 17.00 horas, terá lugar no exterior do CEP Brea Segade de Taragoña a presentación do segundo volume do Cancioneiro escolar urxente coordinado por José Luís do Pico Orjais. No acto ademais da presenza do coordinador, contarase con Uxía Bolaño Amigo (doutora en pedagoxía) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) No caso de climatoloxía adversa a presentación...

O mércores 23 de febreiro, ás 18.00 horas, na Praza de Padrón no Paseo da Ribeira diante do busto en homenaxe a Rosalía de Castro terá lugar un acto de lembranza á poeta. Realizarase un recital poético aberto á veciñanza, ás entidades asociativas e ao alumnado dos centros educativos.  

O vindeiro venres 25 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do poemario de J.L. Graña Muíño Verso Plural. No acto acompañarán ao autor, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), os escritores Xosé Manuel Lobato e Xosé Ricardo Losada que recitarán textos do poemario con fondo musical de J.M. Espiñeira. A reserva de localidades pode facerse en...

O vindeiro venres 28 de xaneiro, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro "Baixo as alas de abril" de Xaquín Fernández Leiceaga. A presentación contará coa participación do autor, ademais de Francisco Castro (Editorial Galaxia), Xesús Laíño (AC BArbantia), MAría Xesús Blanco (AC Barbantia) e Adolfo Muíños (alcalde do Concello de Rianxo). ...

O vindeiro sábado 29 de xaneiro, ás 13.00 horas, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación da edición facsimilar do poemario Escolanía de Melros de Faustino Rey Romero. Esta edición inclúe gravados realizados polos participantes no Obradoiro de iniciación ao gravado, impartido polo gravador e pintor Pepe Míguez e organizado en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á...

NOTA IMPORTANTE: Dado o baixo número de reservas nesta proposta, adiase para unha nova data que será comunicada en breve. A conferencia realizarase máis adiante xunto coa presentación do libro do conferenciante Miguel Anxo Seixas, Castelao Construtor na nación. Volume 3.   O vindeiro sábado 22 de xaneiro, dentro da programación dos Actos Castelao 2022, o investigador e escritor Miguel...

Do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo Escolanía de Merlos,  que recolle os traballos realizados ao abeiro do Obradoiro de iniciación ao gravado impartido por Pepe Míguez o pasado mes de outubro. O acto de apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro, ás 19.00 horas, no auditorio do Concello de Rianxo. A...

Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo. Trátase da mostra coa que o ente provincial homenaxea o autor ao que no ano 2020 se lle dedicou o Día das Letras Galegas e cuxa celebración quedara "desdebuxada" por mor...

De febreiro a xuño a Escola de Música organiza un obradoiro musical para nenos e nenas de 4 a 5 anos. O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro e pódese facer pinchando neste enlace Máis información en escolademusicaderianxo@gmail.com ou no teléfono 671 058 555

O autor rianxeiro Óscar Reboiras presentará o seu novo libro O cronista imposible, o vindeiro venres 21 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto intervirán José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cine) e o alcalde do Concello de Rianxo Adolfo Muíños. Reserva previa de localidades  en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será...

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro. Venres 21 - 18:00 Parque Galicia - Paseo da Ribeira Apertura da Exposición Ricardo Carvalho Calero 19:00 Auditorio Apertura da Exposición de Gravado Escolanía...

Atención! Está todo preparado, pero as súas maxestades os Reis Magos téñenlle medo a choiva, polo que  van atrasar a saída da cabalgata e farán o itinerario previsto todo seguido. Sairán ás 14:30 horas dende Isorna. Estade atentos/as as redes sociais e compartide para que chegue a todos/as os rianxeiros/as. #ReisRianxo2022

O mércores 5 de xaneiro, a comitiva das SSMM os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello, como nos explican Duarte e Amantia neste vídeo: Vídeo promocional da Volta das SSMM os Reis Magos a Rianxo. As SSMM os Reis Magos sairán de Isorna, visitando Isorna e Leiro, pasando por Rianxo (A Martela) e remantando no Atalaia. O horario previsto é entre as 11.30 e as 14.30 h. Pola tarde...

Programación do Nadal Cultural 2021

O vindeiro mércores 29 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo un video-forum do documental de Pedro Solla Morreu o demo acabouse a peseta dentro da programación do Titiriberia, festival de títeres.