Procesos Selectivos

- Contratación mozos/as inscritos no SNGX - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Procesos Selectivos de Persoal Laboral

Contratación mozos/as inscritos no SNGX

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación de 1 persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil adscrito o “SERVIZO DE INSTALADORES E REPARADORES EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS”

Así, é necesario realizar a contratación do persoal incluído no dito programa: 1 Técnico-a medio Bases de selecciónen instalación, mantemento e reparación de equipos informáticos cunha categoría análoga ao alumnado de obradoiros de emprego.

Os requisitos e criterios para a selección das persoas mozas traballadoras rexeranse polo establecido na orde subvencionadora do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 ( DOGA núm. 160 do venres, 22 de agosto de 2025).

Bases de selección (18-11-2025)