Servizos Sociais

- Respiro familiar para coidadores/as de persoas con dependencia ou discapacidade - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Respiro familiar para coidadores/as de persoas con dependencia ou discapacidade

TIPO DE AXUDA
Axudas económicas para contribuír ao pagamento de servizos de atención a persoas dependentes ou con
discapacidade, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras.

PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada  unha ou máis persoas dependentes, con discapacidade ou en situación de necesidade de axuda de terceiras persoas.

REQUISITOS DA PERSOA COIDADORA​​​​​​​

Que atenda a unha persoa que presente calquera das seguintes situacións:

  • Ter recoñecida unha situación de dependencia en grao II ou III.
  • Ter recoñecida unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %, e necesite axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
  • Que a persoa á que se atende presente unha situación de necesidade acreditada de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
  • Que  a persoa coidadora e a persoa ou persoas que  se atenda sexan residentes en Galicia.

MODALIDADES E CONTÍA

  1.  RESPIRO NO FOGAR: para financiar o pago de servizos de atención puntual e directa no propio fogar, por espazos de tempo definidos e non moi longos. Comprenderá coidados persoais e de acompañamento que necesita a persoa que se vai atender. A achega económica pode acadar o 100% do custo, cun máximo de 1.000 € por persoa beneficiaria/ano. O servizo poderá prestarse por unha entidade do Servizo de Axuda no Fogar autorizada e inscrita no RUEPSS ou por profesional con formación específica e contratado directamente pola persoa coidadora solicitante da subvención.
  2. RESPIRO EN RESIDENCIA: para financiar estadías temporais nun centro residencial inscrito no RUEPSS. A achega poderá acadar o 100% do custo, cun máximo de 1.500 € por persoa beneficiaria/ano.
  3. RESPIRO EN CENTRO DE DÍA: para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia. A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións subvencionables, cun máximo de 1.000 euros por persoa beneficiaria/ano. O servizo deberá ser prestado por unha entidade autorizada como centro de día, inscrita no RUEPSS e que conte coa autorización correspondente para a prestación deste servizo.

As persoas coidadoras solicitantes da subvención, aboarán o importe total dos servizos e o pago da
axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa correspondente.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta
de Galicia (https ://sede.xunta.es )

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 15 de outubro de 2026


MÁIS INFORMACIÓN: