Servizos Sociais

Servizos Sociais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

O concello de Rianxo e Acougo fan posible esta charla de difusión sobre o acollemento familiar para visibilizar a realidade de miles de nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coas súas familias, as dificultades coas que poden toparse as súas familias e a labor das nosas familias acolledoras. Formulario de inscrición   Máis información en: 622 672 188 acougo.gal

A Deputación da Coruña subvenciona a proxección do documental "Noite Irisada", un documental de memoria, amor e loita dos colectivos de gays e lesbianas en Galicia. Ten unha duración de 62 minutos e está dirixido por Bea Campaña, no que os protagonistas son principalmente mulleres e homes que durante décadas pelexaron e defenderon os dereitos das lesbianas e dos gays en Galicia. Nanina Santos,...

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por extraballador@s da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolta por Preescolar na Casa. A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”, ofrece ás familias con crianzas menores de...

Publicase na Sede Electrónica deste concello os requirimentos das solicitudes presentadas na "Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio, no curso escolar 2021-2022. Requirimentos

O Concello de Rianxo publica con data 09/09/2021 no Boletín Oficial da Provincia (núm. 172) a aprobación das bases para a convocatoria das bolsas municipais para o curso 2021-2022. Anuncio BOP Bases Anexo 1: Solicitude Anexo 2: Declaración de obrigas Anexo 3: Xustificante de alugueiro Anexo 4: Declaración primeira vivenda

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días ou de 10 días cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres de uso compartido. Incluíra tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico. PERSOAS...

Programa de Mindfulness gratuíto para familias e crianzas en acollida da comarca do Barbanza. Nesta actividade introdúcese o Mindfulness como unha estratexia  para a toma de conciencia das emocións, sensacións e pensamentos derivados da viaxe que todas as familias acolledoras comparten. Unha actividade para realizar coas crianzas en acollida. A actividade terá lugar no concello da Pobra...

O programa ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares. Para os efectos, entenderanse como períodos de vacacións escolares...

Desde o  1 de xullo ábrese a inscrición para presentar as solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2021-2022. O prazo de presentación de solicitudes é ata o próximo 30 de xullo. Todas  aquelas persoas interesadas en participar no programa do IMSERSO, poderán acreditarse na Sede eléctronica do Imserso. Máis información: Centro Social Liceo, en...

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de 0-3, non sostidas con fondos públicos (DOG. nº 114 do 17/06/2021) TIPO DE AXUDA: Unha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil de 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de...

A Deputación da Coruña publicou no BOP núm. 87 do 11 de maio de 2021, a resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondente ao programa FOPPSS/2021: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2021. O Concello de Rianxo figura como entidade beneficiaria cos seguintes módulos e contías: CONCELLO DE RIANXO ...

O Concello de Rianxo disporá deste persoal e dun novo servizo grazas á axuda concedida pola Deputación da Coruña.             Publicación no BOP

OBXECTO Trátanse de axudas ao aluguer, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19 teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do aluguer. Tamén inclúe a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2020, polo que...

​​​​​​OBXECTO DAS AXUDAS E CONTÍA Trátase de axudas económicas ás persoas inquilinas para o alugamento de vivendas, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, convocadas para a anualidade 2021, nas seguintes liñas de actuación: a) Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda será do 40 % da renda mensual que se...

Este ano as actividades serán en liña, mais continuarán sendo gratuítas e en aberto. Máis información neste enlace.  

A partir do mes de marzo e abril, a asociación Amicos vai desenvolver dúas accións formativas na modalidade de teleformación con titorías presencias. Os cursos son os seguintes: - Auxiliar de almacén - Job coaching: monitor de ocio inclusivo    

REQUISITOS  Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40% na factura do subministro). Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica. Estar en risco de exclusión social. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei...

PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que teñan fillos ou fillas nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 (pode solicitarse a prestación xa desde o embarazo). Persoas que teñan constituída a adopción ou a declaración en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Galegas e galegos e os seus descendentes que...

Hoxe publicouse o listado dos requirimentos no taboleiro da sede electrónica do concello

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS 1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de: Dispositivos electrónicos e accesorios Material escolar Roupa e material deportivo 2. O alumnado de ensino obrigatorio poderá acceder ás axudas de: Dispositivos electrónicos e accesorios Roupa e material deportivo. TIPO DE AXUDA Dispositivos electrónicos e accesorios:...

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña a través do Plan de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.  

A Consellería de Política Social asinou un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para a posta en marcha dun programa de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situacións de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19, a través de tarxetas-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia. Persoas beneficiarias: Persoas e familias...

 O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.  A través deste instrumento perséguese garantir unha mellora de...

Tipo de Axuda A contía da axuda será de ata 500 € mensuais no caso de alugueiro ou ata 3.000 € no caso de ter accedido ás axudas reguladas no art. 9 do Real decreto-lei 11/2020. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da COVID19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.​​​​​​​ Requisitos xerais...

A campaña Estamos contigo do Ministerio de Igualdade, da Delegación do Goberno, da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña pon ao noso dispor recursos de como actuar ante a violencia de xénero nestes momentos. + preto de ti  

Ponse en coñecemento daquelas persoas que participan nos talleres de memoria que se imparten no Araño, Asados, Leiro, Rianxo e Taragoña, que ante a imposibilidade de recibir as clases de forma presencial, poden seguir realizando a actividade recibindo as fichas de traballo a través de correo electrónico. Para recibir estes traballos, deberán poñerse en contacto telefónico con: - Concha ...

A Xunta de Galicia activou o Teléfono Social (900 400 800) co obxectivo de ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta situación de crise sanitaria, especialmente a aquelas persoas máis vulnerables. Neste sentido, o teléfono social diríxese a varios colectivos, entre eles as persoas que viven ou se sinten soas e queren manter unha conversa. Estas chamadas, que son atendidas por...

Regulamento publicado no Boletín Oficial da Provincia. Anexo 1: Solicitude. Anexo 2: Declaración de axudas. Anexo 3: Autorización de datos.

Axudas comedor escolar- xestión directa. COVID-19 A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os...

O Centro de Información á Muller do concello de Boiro  pon á disposición das mulleres que, de forma especial durante a crise provocada pola pandemia da doenza COVID-19, precisen de asesoramento ou sofran unha situación de maltrato, un teléfono de atención de 9 a 20 h. 669 582 674

Con motivo da situación excepcional que se está atravesando e o estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, é necesario establecer unha serie de medidas temporais en canto á prestación do Servizo de Axuda no Fogar: SAF DEPENDENCIA: 1. A prestación de servizos mínimos, cunha soa franxa horaria de atención, para as persoas usuarias que conviven con...

Con motivo do estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e de acordo coa Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Servizo de Prestacións da Consellería de Política Social comunicou a paralización dos prazos procedimentais tanto de Risga como de PNC, incluida...

REQUISITOS Reunir os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica. Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de...

PERSOAS BENEFICIARIAS: - Familias que no ano 2020 teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. Pode solicitarse a prestación xa dende o embarazo. - As galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e, tendo...

PERSOAS BENEFICIARIAS • Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este...

O programa contempla o aloxamento en habitacións dobres de uso compartido, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días. PERSOAS BENEFICIARIAS Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español. Pensionistas de viuvez do sistema da...

Do 9 ao 14 de decembro haberá no Auditorio unha exposición fotográfica da realidade de Nicaragua e da resistencia e protesta das mulleres no país. Para pechar a exposición, o sábado 14 realizaranse diferentes actividades ás 12:00 da mañá: - Visita guiada pola exposición - Taller de máscaras de Monimbó: cada participante vai poder deseñar a súa propia máscara de Monimbó. Estas máscaras...

Este programa adopta a forma dun conxunto de obradoiros participativos, estruturados en torno a diferentes temáticas, nos que se combinará un formato de exposición teórica con técnicas de innovación social aplicadas a un contexto educativo. Isto fará que as persoas participantes sexan a parte central da construción do coñecemento. Como resultado destes obradoiros xurdirá a Mostra das...

​​​​​​​  

Aprázase ata novo aviso o taller de máscaras de monimbó e a actuación do coro Sisters in the house que se ía desenvolver o domingo 24 pola mañá debido ás inclemencias meteorolóxicas. Desculpen as molestias ocasionadas.

Manifestación contra as Violencias Machistas, o luns 25 de novembro, ás 20:00 h na Praza de Castelao.

A Consellería de Política Social, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) entre o día 23 de decembro de 2019 e o día 7 de...

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo organizan unha excursión para as persoas maiores de 50 anos,  os días 15, 16 e 17 do vindeiro mes de novembro. Información e inscrición: Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Est. de Tanxil, 12 ( Telf: 981 86 00 61)

A Fundación Naturgy impartirá, o vindeiro xoves día 10 de outubro ás 17:30 h no Centro Social do Liceo, un obradoiro de asesoramento para axudar a minimizar a factura da luz. Non é necesario anotarse e se queres participar, leva unha factura da luz.  

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS 1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de: Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias) Material escolar Roupa e material deportivo 2. O alumnado de ensino primario e secundario obrigatorio poderá acceder ás axudas de: Material escolar: débese acreditar que coa axuda recibida da Consellería de...

Dende o próximo luns 12 de agosto xa podes anotarte para participar no Xantar Festeiro Guadalupe 2019.  

A última saída antes do verán será o próximo 12 de xullo á Costa da Morte. Visitaremos: o pazo das Torres do Allo en Zas, o Ecomuseo Forno do Forte en Buño e en Ponteceso, o Museo Etnolúdico do Xoguete e a casa natal de Eduardo Pondal.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 12 de xullo de 2019. O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de 0-3, non sostidas con fondos públicos (DOG. nº 110 do 12/06/2019) TIPO DE AXUDA: Unha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil de 0-3 non...

A próxima saída será o 28 de xuño a Illa de San Simón, visitaremos: Museo de Rande, Casco Historico de Vigo é Marín.

O programa contempla estancias de 10 días, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemetno dapropia cultura e á educación para a sáude. A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 214 resultados.