Novas de interese

- Conduce Ti - Cursos de Conducción Segura - Concello de Rianxo

Novas de interese

Conduce Ti - Cursos de Conducción Segura

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, un ano máis, pon en marcha cursos Conduce Ti: cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de conducción. Están destinados a mozos e mozas de 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir. Os cursos impartiránse nas  instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL, en Curtis (A Coruña).