Novas de interese

- Inmersión lingüística en España para estudantes de ensino non obrigatorio - Concello de Rianxo

Novas de interese

Inmersión lingüística en España para estudantes de ensino non obrigatorio

  • Para estudos medios: O Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2013. Os requisitos son ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996 e estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato,Ensinanzas profesionais de música e danza,Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño,Grao medio de ensinanzas deportivas ou Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado; ter obtido no curso 2012-2013 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de marzo de 2013.
     

Convocatoria BOE

 

  • Para estudos superiores: O Ministerio de Educación convoca ata 14.000 axudas de ata 592,28 € para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2013 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:

    - Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos 2010-2011 e 2011-2012.
    - Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos 2010-2011 e 2011-2012.
    Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.

    Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona e Pireneos no período comprendido entre o 8 de abril e o 16 de decembro de 2013.

    O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2013.

Convocatoria BOE