Educación e Cultura

O SON DO PASADO QUE CONMOVE O PRESENTE - Ciclo de concertos, Xoán Montes ao piano - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Ciclo de concertos, Xoán Montes ao piano

O SON DO PASADO QUE CONMOVE O PRESENTE

Ciclo de concertos, Xoán Montes ao piano. O SON DO PASADO QUE CONMOVE O PRESENTE. Cos intérpretes, Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto.

  • DÍA: sábado 18 de outubro
  • HORA: 20.30 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DURACIÓN: 75 minutos, con descanso
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo
  • PROGRAMA DE MAN: http://bit.ly/46rhMov

A idea de divulgar a creación musical dun compositor galego do Rexurdimento é o eixe deste ciclo de concertos de homenaxe a Xoán Montes na súa faceta como pianista. 

A súa produción para este instrumento é a parte máis descoñecida do seu catálogo e representa unha parte esencial do patrimonio cultural galego no eido musical. 

Os intérpretes encargados da interpretación neste proxecto son Javier Ares Espiño, Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto, con sólidas traxectorias artísticas e consolidados como referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos XIX, XX e XXI.