Educación e Cultura

Servizo de conciliación para familias traballadoras de Rianxo - CONCILIA NADAL - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

CONCILIA NADAL

Servizo de conciliación para familias traballadoras de Rianxo

CONCILIA NADAL, Servizo de conciliación para familias traballadoras de Rianxo.

O Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para o programa Concilia Nadal 2026, un servizo de apoio á conciliación da vida familiar e laboral dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2023 (ambos incluídos), con actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre.

Datas e horario:

  • Días de servizo: 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2026; e 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027.
  • Horario: De 08:00 a 14:00 horas.

Instalacións e prazas:

  • CEIP Castelao (Rianxo): 30 prazas
  • CEP Brea Segade (Taragoña): 15 prazas
  • CEIP Ana Mª Diéguez (Asados): 15 prazas

Para a realización do servizo deber haber un grupo mínimo de 08 participantes. O número de prazas por instalación pode variar e/ou adxudicarse a outra instalación no caso de que non se acade ese número mínimo.

Calendario de inscrición e adxudicación

  • Presentación de solicitudes: Do luns 30 de novembro ao luns 14 de decembro (ambos incluídos), no rexistro do Concello ou preferentemente de forma telemática no seguinte trámite da sede electrónica.(dispoñible a partir do luns 30 de novembro)
  • Publicación das listaxes provisionais: Mércores 16 de decembro na web municipal. 
  • Sorteo de prazas (de ser necesario): Xoves 17 de decembro ás 11:00 h.
  • Publicación das listaxes definitivas (admitidos e agarda): Xoves 17 de decembro na web do Concello.​​​​

O servizo conta co número mínimo de participantes pero se quedan prazas libres, estas poderán cubrirse coas solicitudes presentadas a partir do martes 15 de decembro. As prazas asignaranse por orde de inscrición (segundo a data e a hora de entrada no rexistro do Concello).

Documentación a achegar coa solicitude:

  • Ficha de inscrición cumprimentada.
  • Volante de empadroamento (ou autorización no anexo para a súa comprobación).
  • Xustificante das necesidades de conciliación (vida laboral, certificado de empresa ou empregado público, matrícula de estudos vixente, certificado de dependencia ou copia da custodia en caso de separación/divorcio).

Nos seguintes enlaces pode descargar as bases completas e a solicitude:

More Blog Entries