Educación e Cultura

- CONCERTO HOMENAXE A BREA SEGADE - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

CONCERTO HOMENAXE A BREA SEGADE

O sábado 7 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un Concerto Homenaxe a Brea Segade con Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo).

O concerto consiste na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír á recuperación e difusión da obra do poeta Xosé María Brea Segade (1904-1934). O núcleo do programa é unha escolma de 7 poemas do propio Brea, que están precedidos por outros 3 de escritores que tiveron algún tipo de vínculo co homenaxeado: Rafael Dieste, Faustino Rey Romero, e Xesús Santos. Ademais da interpretación musical, intervirán Xesús Santos e Xosé Ramón Brea con comentarios sobre a vida e obra do autor, e haberá unha proxección de fotografías do lalinense Ales Piñeiro.

A entrada é gratuíta e a reserva de localidades realízase en www.concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio. Non é inmediata, pode tardar uns días.

No caso de quedar localidades dispoñibles despois do proceso de reserva, poden solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo do concerto.