Educación e Cultura

O artista rianxeiro Duarte Galbán estará na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo co seu monólogo Vello aos vinte e pico. - Monólogo Duarte Galbán: Vello aos vinte e pico - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Monólogo Duarte Galbán: Vello aos vinte e pico

O artista rianxeiro Duarte Galbán estará na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo co seu monólogo Vello aos vinte e pico.

O vindeiro sábado 20 de marzo, ás 20.00 h, Duarte Galbán presenta o seu espectáculo Vello aos vinte e pico, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o artista rianxeiro estará acompañado dun artista convidado. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, desde o 8 ata o 18 de marzo, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

Público recomendado: maiores de 12 anos.

Vello aos vinte e pico

As novas tecnoloxías nunca foron cousa que lle encantaran a este rapaz que medrou nunha vila mariñeira na que as redes eran para ir pescar… Sentirse vello aos vinte e pico xa non soa tan raro, cando de súpeto, todo aquilo co que levamos convivindo durante séculos, desaparece. Unhas novas formas de vivir que non gustan a todo o mundo, ou que, máis ben, se poden converter nun gran problema. Este é o caso de Duarte, que non se atopa nada ben porque está pasando por unha forte crise…

O Tinder? Na miña época chamábase Mari Carmen… O noso Google era a Enciclopedia Encarta… E os nosos influencers eran o Xabarín Club e SonGoku!

Pero de súpeto, todo mudou, o que nos fai partícipes de grandes cambios xeracionais que non deixan de ser un reflexo de cara a onde está a evolucionar a nosa sociedade. Vello aos vinte e pico é un monólogo canalla, moderno e fresco que gusta tanto a novos como a maiores, pois, recordará tamén aqueles xeitos de facer cousas que pouco a pouco, se van perdendo.

Cada un terá a súa opinión, pero, Duarte é un amante do “viva antes!” e de todas as cousas que os máis cativos se están a perder.

Pero ben, ao fin e ao cabo, o importante é sorrir!

Páxina web de Duarte Galbán