Educación e Cultura

A compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Teatro: 32 metros cadrados - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro: 32 metros cadrados

A compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf.  e, se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

32m²

O confinamento a escena

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

EN ESCENA | Xurxo Cortázar

TEXTO | Esther F. Carrodeguas

MÚSICA ORIXINAL | Rodrigo Cuevas

ESCENOGRAFÍA E LUZ | Beatriz de Vega

CONSTRUCIÓN | José FAro “Coti”

VESTIARIO | Alicia Root

COREOGRAFÍA | Beba Gayoso

AX. DIRECCIÓN | Anxo Outumuro

PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN |  Esther F. Carrodeguas

DIRECCIÓN |  Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira

Máis información