Alcaldía - Concello de Rianxo
Alcalde
Adolfo Muíños Sánchez
adolfo.muinhos@concelloderianxo.gal
981 86 00 75
981 86 66 28
alcaldia@concelloderianxo.gal
Saúdo do Alcalde
Benvidos e benvidas a esta xanela aberta do Concello de Rianxo. Dende o goberno local, que me honro en presidir, reciban un moi cordial saúdo.
No que foi o noso compromiso coa transparencia e a participación veciñal, a administración electrónica é unha ferramenta esencial chamada a xogar un papel crecente nas relacións da administración coa cidadanía.
Internet é unha porta aberta para relacionarse coa administración local: veciños e veciñas, autónomos, empresas... procuran nas páxinas institucionais unha solución aos problemas, informarse, facer un trámite, achegar unha petición ou transmitir unha queixa. Iso, ademais de ser unha achega virtual a un concello cheo de beleza paisaxística e natural, de riqueza patrimonial e cultural, deu en que se lle alcumara de 'Atenas da Arousa', pois Rianxo foi un fervedoiro das letras e do pensamento do noso país. Tamén un municipio que conta cun parque empresarial de recente creación preparado para acoller persoas emprendedoras ao pé da autovía do Barbanza e que garantirá, agardamos, un futuro próspero.
Queremos que a nosa páxina sexa próxima, útil, progresivamente unha oficina aberta as 24 horas e que, comodamente desde a pantalla do computador na casa, na escola, no centro cultural, nos centros de traballo, permita coñecer e relacionarse co Concello de Rianxo, abrindo as portas de servizos municipais, dos representantes políticos, de procedementos administrativos, de información básica sobre o municipio.
Convídoos a entrar nesta web e avanzar connosco no camiño de transformación e modernización, para estar cada vez máis e mellor ao seu servizo.
Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde de Rianxo