Volver ao contido

Escolas Oficiais de Idiomas

As Escolas Oficiais de Idiomas son organismos públicos dependentes do Ministerio de Educación que permiten a poboación adulta aprender, ó longo da súa vida, unha gran variedade de linguas estranxeiras en réxime especial. Nas escolas impártense linguas europeas, linguas oficiais e cooficiais de España e outras linguas de especial interese por razóns culturais, sociais e económicas como o árabe, o chino ou o xaponés.

As ensinanzas ofrécense a diversos niveis de competencia, partindo dende os máis básicos (dende o nivel A2 ao nivel C2) e con distintos fins, tanto xerais como específicos.

Para acceder o único requisito imprescindible será que teñas dezaseis anos cumpridos o ano en que comeces os estudos. Tamén poderán acceder os maiores de catorce anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na Educación Secundaria Obrigatoria. Ó acceso aos distinto niveis determinarase segundo os estudos, certificados ou outras condicións que regulen as propias administracións.

As modalidades de ensino polas que podes optar son:

  • Oficial presencial: asistencia regular á clase ó longo do curso académico. Cada Escola regulara a súa propia oferta de cursos, grupos, horarios,etc. Os centros máis próximos a nos son: Ribeira, Vilagarcía, Noia e Santiago.
  • Cursos de Actualización e Especialización: Trátase de cursos especializados para o perfeccionamento de competencias en idiomas e para a formación do profesorados e doutros colectivos profesionais.
  • Ensino a distancia: a través de That´s English, ofréceche a flexibilidade que che da estudar inglés a distancia, coa axuda de material didáctico, programa de televisión, seguimento e asesoramento de profesores/as de inglés, e permíteche a obtención dos certificados oficiais.
  • Libre: Da dereito exclusivamente á realización das probas oficiais para a obtención dos certificados dos distintos niveis.

Centros de Linguas das Universidades

Os Centros de Linguas das Universidades son servizos que pretenden atender as necesidades lingüísticas da comunidade universitaria, aínda que tamén está aberto a calquera persoa maior de 16 anos que estea interesada en aprender idiomas ou acreditar as súas competencias lingüísticas nun idioma estranxeiro.

Estes centros imparten cursos cuatrimestrais, semestrais e intensivos de verán de idiomas tales inglés, francés, alemán, chino, italiano, portugués, rumano, chinés, xaponés, ruso, entre outros..., así como tamén español, galego, catalán e vasco para estranxeiros. Tamén ofrecen cursos específicos de conversación, de preparación pra exames oficiais, de lingua para fins específicos, etc.

 

Cursos de Idiomas no Estranxeiro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración dos organismos de xuventude doutras comunidades, ten en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro. Poden acceder a este programa mozos e mozas con idades comprendidas entre os  14 e os 30 anos. Os idiomas que se ofertan son inglés (Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, EE.UU., Malta, Nova Zelanda e Sudáfrica), alemán (Alemania e Austria), francés (Francia e Suíza), italiano (Italia), portugués (Portugal), ruso (Rusia), chinés (China) e árabe (Marrocos).

A duración dos cursos, número de leccións, aloxamento, manutención, actividades, prezo, depende do país elexido e das túas preferencias. A inscrición debe facerse como mínimo 15 días antes do comezo do curso, e no momento de incrición debe aboarse o 40% do importe do curso.