Lecer - Concello de Rianxo
Carnés para a mocidade
Carné Xove
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).
Persoas beneficiarias
Todos os mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive, da Unión Europea.
Expedición
É preciso cubrir unha solicitude e presentar o DNI na Oficina de Información e Animación Xuvenil. Debes tamén pagar 6 € en calquera banco ou caixa co impreso de autoliquidación de taxas. Pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado xunto coa tarxeta bancaria.
Carné de Alberguista
Trátase dun carné válido para utilizar en todos os albergues nacionais e internacionais. A vixencia é dun ano.
Persoas beneficiarias
Todo o mundo pode ser beneficiario deste carné, que se divide en dúas categorías: xove para os menores de 30 anos e adulto para os maiores.Tamén se poden facer carnés por grupo, familiares e para visitantes estranxeiros.
Expedición
É necesario a presentación do DNI ou pasaporte e aboar o seu importe, nun dos centros expendedores. O prezo dependerá da idade e do carné, segundo esta clasificación:
- Xove (de 14 a 29 anos): 6 €
- Adulto (+ 30 anos): 13 €
- Grupo (número mínimo 10 persoas): 16 €
- Familiar (matrimonio e fillos): 21 €
- Visitante estranxeiro (sen límite de idade). Selos de benvida: 3,5 € (adquírense no albergue)
Este carné poderase solicitar nos propios albergues e no Centro Coordinador de Santiago (Praza do Matadoiro, s/n).
Rede Española de Albergues Xuvenís
Rede Mundial de Albergues Xuvenís
Carné de estudante internacional (ISIC)
É o único carné de estudante recoñecido internacionalmentee e os seus posuidores son membros dun clube global. Este carné ofrece ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo.
Ten unha duración de 16 meses, dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte.
Persoas beneficiarias
Calquera estudante a tempo completo maior de 12 anos, tanto de instituto como de universidade.
Expedición
É necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné, acreditar que é estudante a tempo completo nun curso académico recoñecido oficialemente, presentando o resgardo da matrícula, e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadorio s/n).
International Student Identity Card
Carné Internacional de Profesor (ITIC)
É un carné destinado ao profesorado que estea traballando a tempo completo, e que lle permite benificiarse de servizos, descontos e ofertas, tanto no propio país como fóra del. Ten unha duración de 16 meses, dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte.
Persoas beneficiarias
Profesorado empregado como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialemente.
Expedición
É necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné, acreditar que é profesor/a a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialemente, e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadoiro s/n)
Carné Internacional para non estudantes (International Youth Traveller Card)
É un carne destinado a mozos e mozas non estudantes de menos de 31 anos que lles reporta miles de beneficios: servizos, descontos e ofertas tanto no teu país coma fóra del. Poderás obter descontos dende billetes de avión, hoteis ata entradas de cine. Ten unha vixencia de un ano dende a súa emisión.
Persoas beneficiarias
Mozos e mozas menores de 31 anos e que non sexan estudantes.
Expedición
Para conseguilo, é necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadoiro s/n)
Información para obter os vosos carnés:
Puntos emisores dos carnés ISIC e Alberguista
Confección online de impresos e taxas
Para cubrir estes impresos necesitas ter en conta estes códigos:
Consellería de Traballo e Benestar: Cód. 14
Delegación da Coruña: Cód. 10
Servizo de Xuventude e Voluntariado: Cód. 3
Concepto e Clave:
36.31.01 Carné Xove
36.32.01 Carné Alberguista xove
36.32.02 Carné Alberguista adulto
36.32.03 Carné Alberguista grupo
36.32.04 Carné Alberguista familiar
36.32.05 Carne Alberguista para estranxeiros
36.32.06 Carné teacher (ITIC)
36.32.07 Carné Internacional xove (IYTC)
36.32.08 Carné Student (ISIC)
Viaxar
Albergues Xuvenís: Un albergue xuvenil é un lugar que da aloxamento e intercambio cultural entre mozos e mozas de distintos países. Os hóspedes rentan unha cama ou liteira nun dormitorio que comparte baño, cociña e salón. Os principais beneficios dun albergue son en primeiro lugar o baixo prezo de aloxamento e a opción de coñecer os demais viaxeiros de todo o mundo.
O CouchSurfing é un servizo internacional de hospedaxe de balde, con base e funcionamente na rede. Un servizo similar pódelo atopar en hospitalityclub.
AEGEE: é unha organización sen afiliación política, aconfesional e sen ánimo de lucro que promove o espíritu europeo e fomenta a imaxe dunha Europa unida, abierta e sen fronteras a través de proxectos, viaxes, grupos de traballo, intercambios culturais e actividades nas que colaboran universitarios de toda Europa.
AIESEC: é unha organización global, apolítica, sen ánimo de lucro formada por xóvenes profesionais e estudantes de institucións de educación superior, que promove os intercambios por Europa.
Actividades en Galicia
Campamentos de verán: as actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
Actividades nas illas atlánticas
Actividades de ocio en Galicia
Guía de ocio infantil en Galicia: campamentos, actividades ao aire libre, teatro... todo para os máis pequenos.
Actividades aire libre na provincia da Coruña: Paxina web onde atopar aloxamento, actividades... na provincia da Coruña.
Existen moitas rutas de senderismo interesantes en Galicia. Podes atopar moitas delas en wikiloc.
propostas culturais en galicia
Rede de teatros AGADIC: Rede de teatros de Galicia
Cultura Compostela: aquí poderás atopar actividades culturais en Santiago de Compostela.
Museos Galicia: Rede de museos de Galicia