Europa - Concello de Rianxo
Europa pon ao alcance da mocidade unha gran variedade de programas e alternativas que permiten viaxar, traballar, facer voluntariado nos distintos países de Europa.
Programas Europeos para a mocidade
- Organismo autónomo de Programas Educativos Europeos: Información sobre os programas europeos vinculados coa educación: Comenius para a educación escolar, Erasmus para a educación superior, Leonardo da Vinci para a formación profesional e Grundvig para a educación de adultos.
 - Portal Nacional do Erasmus Plus
 - Eurodesk España: Información sobre programas e iniciativas europeas.
 - Xuventude Europa: información sobre os programas europeos na páxina Xuventude da Xunta de Galicia.
 - Fundación Galicia Europa: información sobre proxectos europeos.
 - Europa Direct A Coruña
 
Información sobre a Unión Europea
- Europa.eu: web oficial da Unión Europea
 - Europa Direct: Servizo de información sobre a Unión Europea
 - Agenda Digital da Unión Europea
 - Europeana.eu: bilbioteca dixital de Europa
 
Traballar en Europa
Hai diversos medios, tanto públicos coma privados, que nos facilitan encontrar ofertas de formación e traballo en distintos países da Unión Europea.
- Portal Europeo de Xuventude: Información sobre a mocidade en Europa, tanto emprego, estudos, como viaxes, voluntariado e demais iniciativas interesantes para a mocidade europea.
 - Rede Eures, portal europeo da mobilidade profesional.
 
Servizo de Voluntariado Europeo
É unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que a mocidade voluntaria mellora ou adquiere competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social. Para participar, só debes ter entre 18 e 30 anos e residente nalgún país da Unión Europea ou país socio. As voluntarias desenvolven a súa actividade nun país distinto do seu de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un periodo determinado en beneficio da comunidade.
- Portal Europeo da Xuventude: Voluntariado
 - Asociacións de organizacións europeas de servizo voluntario
 
Viaxar por Europa
Podes atopar múltiples e económicas alternativas para viaxar por Europa, pero sempre é conveniente que te informes das peculiaridades de cada país.
- Viaxar por Europa: web oficial da Unión Europea para as personas que viaxan polos 27 países da UE. Encontraras consellos prácticos para as viaxes tanto de vacacións como de negocios: documentos necesarios, asistencia sanitaria, teléfono móbil, etc.
 - Sección Viaxes do portal Europa: recopilación dos documentos necesarios para moverse entre países e consellos especialmente de cuestións relativas á saúde e a seguridade en viaxe.