Idiomas - Concello de Rianxo
Escolas Oficiais de Idiomas
As Escolas Oficiais de Idiomas son organismos públicos dependentes do Ministerio de Educación que permiten á poboación adulta aprender, ao longo da súa vida, unha gran variedade de linguas estranxeiras en réxime especial. Nas escolas impártense linguas europeas, linguas oficiais e cooficiais de España e outras linguas de especial interese por razóns culturais, sociais e económicas como o árabe, o chinés ou o xaponés.
As ensinanzas ofrécense a diversos niveis de competencia, partindo dende os máis básicos (dende o nivel A2 ao nivel C2) e con distintos fins, tanto xerais como específicos.
Para acceder a estes estudos o único requisito imprescindible será que teñas dezaseis anos cumpridos no ano en que comeces os estudos. Tamén poderán acceder os maiores de catorce anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na Educación Secundaria Obrigatoria. O acceso aos distinto niveis determinarase segundo os estudos, certificados ou outras condicións que regulen as propias administracións. As modalidades de ensino polas que podes optar son:
- Oficial presencial: asistencia regular á clase ao longo do curso académico. Cada Escola regulara a súa propia oferta de cursos, grupos, horarios,etc. Os centros máis próximos a nós son: Ribeira, Vilagarcía, Noia e Santiago.
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
Iinformación sobre a Escola Oficial de Idiomas de Santiago e das súas seccións de Ribeira e Noia.
Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
- Cursos de Actualización e Especialización: trátase de cursos especializados para o perfeccionamento de competencias en idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.
- Ensino a distancia: a través de That´s English, ofréceche a flexibilidade que che dá estudar inglés a distancia, coa axuda de material didáctico, programa de televisión, seguimento e asesoramento de profesorado de inglés, e permíteche a obtención dos certificados oficiais.
That´s English: curso oficial de inglés a distancia
- Libre: dá dereito exclusivamente á realización das probas oficiais para a obtención dos certificados dos distintos niveis.
Información sobre o Ensino de Idiomas do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.
Centros de Linguas das Universidades
Os Centros de Linguas das Universidades son servizos que pretenden atender as necesidades lingüísticas da comunidade universitaria, aínda que tamén está aberto a calquera persoa maior de 16 anos que estea interesada en aprender idiomas ou acreditar as súas competencias lingüísticas nun idioma estranxeiro.
Estes centros imparten cursos cuatrimestrais, semestrais e intensivos de verán de idiomas tales como inglés, francés, alemán, italiano, portugués, rumano, chinés, xaponés, ruso, entre outros..., así como tamén español para estranxeiros, galego, catalán e vasco. Tamén ofrecen cursos específicos de conversación, de preparación para exames oficiais, de lingua para fins específicos, etc.
Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela
Centro de Linguas da Universidade de Vigo
Centro de Linguas da Universidade da Coruña
Centro Universitario de Idiomas a distancia da Universidade Nacional de Educación a distancia - UNED
Cursos de Idiomas no Estranxeiro
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración cos organismos de xuventude doutras comunidades, ten en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro. Poden acceder a este programa mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Os idiomas que se ofertan son inglés (Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, EE.UU., Malta, Nova Zelanda e Sudáfrica), alemán (Alemaña e Austria), francés (Francia e Suíza), italiano (Italia), portugués (Portugal), ruso (Rusia), chinés (China) e árabe (Marrocos).
A duración dos cursos, número de leccións, aloxamento, manutención, actividades e prezo, depende do país elixido e das túas preferencias. A inscrición debe facerse como mínimo 15 días antes do comezo do curso, e no momento de inscrición debe aboarse o 40% do importe do curso.
Información de Cursos de Idiomas no Estranxeiro en Xuventude.net