Campamento de verán 2026

- Resume reunión informativa - Concello de Rianxo

Campamento de verán 2026

Resume reunión informativa

O campamento comezará o vindeiro luns 22 de xuño, ás 10:00 horas, no Ies Félix Muriel de Rianxo, Cep Brea Segade Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.

É recomendable que leven auga (co nome posto na botella) e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar roupa cómoda e viseira, e botar todos os días crema solar protectora.

  • PRIMEIRO DÍA

Durante os primeiros días, o persoal monitor estará agardando na zona das filas, identificado cun cartel co número de cada grupo. Os nenos e nenas deberán dirixirse directamente ao grupo que lles corresponda. Pola súa parte, as familias deberán permanecer na zona habilitada para a espera.

  • CEP Brea Segade: entrada do colexio, na zona cuberta.
  • CEIP Ana M.ª Diéguez: pavillón deportivo.
  • CEIP Félix Muriel: escaleiras do pavillón: os grupos do 1 ao 3 accederán polo lado dereito e os grupos do 5 ao 8 polo lado esquerdo.

No inicio do campamento, e como medida de acompañamento aos máis cativos (nenos/as nados de 2021 e 2022) poderase acceder ao recinto acompañado por un adulto.

  • ENTRADAS E SAÍDAS

Rogarase a máxima puntualidade ás familias para respectar os horarios de entrada.

As nenas e nenos serán recibidos polo persoal monitor na zona habilitada para a agarda. Entrarán para o lugar/fila asignado ao seu grupo. As familias esperarán na zona habilitada, na entrada do recinto, evitando ir a zona de filas.

É recomendable avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, especialmente si vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.). Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.

Os/as nenos/as non poderán saír sós/as do centro. No caso de que as familias desexen autorizar a súa saída autónoma, deberán comunicalo por escrito.

Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.

  • ​​​​​​​PLAN MADRUGA

O horario do Plan Madruga comezará ás 08:00 h, adaptándose ás necesidades das familias. Rogamos que os nenos e nenas que vaian incorporarse despois das 09:50 h accedan xa directamente ao horario ordinario do campamento.

  • IES Félix Muriel: Pavillón polideportivo.
  • CEP Brea Segade, auditorio do centro, situado na primeira planta
  • CEIP Ana María Diéguez: ximnasio.

 

  • SAÍDAS E OUTRAS ACTIVIDADES

Ao longo de todo o campamento os nenos e nenas participaran en diversas actividades culturais, saídas, visitas, que se irán comunicando por medio das canles habilitadas. En algunha ocasión a asistencia a esas actividades pode traer que se cambie a instalación, tendo que deixalos en vez de na instalación habitual en outras instalacións como o Auditorio, Centros culturais,... Será comunicado a través das canles de difusión e na lona informativa na entrada do centro.

  • AVISOS E COMUNICACIÓNS

Pendente publicación o número teléfono do Campamento.

Mentres podes contactar no correo campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 181 401.

A información e avisos comunicaranse:

  • Na páxina web concelloderianxo.gal/campamento2026
  • Lista de difusión de WhatsApp: Gardar nos seus contactos o teléfono 664 181 401 (Xuventude Rianxo) e escribir unha mensaxe pedindo ser incluídos no grupo e a indicación de que en instalación quere recibir avisos.
  • Canal difusión de telegram: subscribirse ao enlace da instalación interesada
    • Campamento Asados: t.me/CampaAsados2026
    • Campamento Rianxo: t.me/CampaRianxo2026​
    • Campamento Taragoña: t.me/CampaTaragona2026