Volver ao contido

As asociacións xuvenís son organizacións formadas por un grupo de mozos e mozas que comparten intereses, afeccións, gustos e obxectivos comúns. Son unha forma máis de expresión e participación activa na sociedade, que permite compartir experiencias, actividades...

A característica principal que diferencia ás asociacións xuvenís é que só poden ser socios de pleno dereito os mozos e mozas de idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os 30 sen cumprir, e que as actividades que se organicen dende a asociación deben ir destinadas principalmente á mocidade.

Para crear unha asociación xuvenil debes seguir os trámites establecidos para calquera asociación, pero debe figurar nos seus estatutos o seu carácter de asociación xuvenil. Tamén podes inscribila no rexistro de asociacións xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude.

Requisitos

Para a constitución dunha asociación é preciso un mínimo de tres persoas: o presidente, o secretario e o tesoureiro. Estas persoas teñen que ser maiores de 14 anos e menores de 30, límite de idade que non se pode sobrepasar. No caso de que haxa maiores de 30 anos, pero as actividades vaian dirixidas á mocidade poderase converter en Entidade prestadora de servizos a xuventude.

Debemos decidir tamén cal vai ser a finalidade da asociación (animación, promoción, defenda dos dereitos,...), que obxectivos vai ter e de que tipo vai ser (cultural, deportivo, social,...).

Documentos

Para a constitución debemos preparar a seguinte documentación:

Acta de constitución ou fundacional.

  • Nome, apelidos, nacionalidade e domicilio dos promotores.

  • O Acordo de constitución no cal se recollerán os fins xerais da asociación.

  • A vontade dos promotores de constituír unha asociación e o nome da mesma.

  • O acordo de aprobación dos estatutos.

  • Lugar e data do outorgamento da mesma.

  • O acordo de elección da Xunta Xestora, incluíndo nome, idade e DNI.

  • Firma de tódos os  e as fundadores.

Estatutos

  • A denominación da asociación.
  • O domicilio e ámbito territorial da mesma.
  • A duración cando non se constitúa por tempo indefinido.
  • Os seus fins específicos, e as actividades a realizar.
  • Como será a admisión dos socios e a perda de tal condición, así como os seus dereitos e deberes.
  • Os criterios para o funcionamento democrático da asociación.
  • Os órganos de goberno e representación da mesma: composición, formas de elección e cese...
  • O réxime de administración, contabilidade e documentación, e data de peche do exercicio.
  • Patrimonio inicial e recursos económicos.
  • Causas de disolución, e destino do patrimonio social nese caso.
  • Calquera outra que se consideren conveniente.

Modelos de actas fundacionais e de estatutos

Trámites

Coa documentación xa preparada e firmada por todos os compoñentes da asociación, debedes proceder a inscribila no Rexistro de Asociacións, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Para elo debedes entregar unha solicitude de inscrición, e dúas copias da acta fundacional e dos estatutos, asinadas en tódalas súas follas polos socios fundadores. Tamén deberán estar pagadas as taxas de inscrición. O prazo de resolución é de tres meses.

Solicitude inscrición no rexistro de asociacións.

Información das taxas para a inscrición de asociacións.

Cando vos remitan a acta fundacional e os estatutos debidamente selados, poderedes pedir o Cif para a vosa asociación. Para elo, tedes que solicitar nas delegacións facenda un impreso para pedir o cif, ó cal tes que acompañar coa fotocopia dos estatutos legalizados, da acta fundacional, e do DNI da persoa que representa a asociación; e entregalo no prazo de 30 días logo da inscrición no rexistro.

Modelo 036 para a solicitude do Cif.

Lembra que podes pedir a exención do IVE se é unha asociación sen ánimo de lucro.

Agora a túa asociación xa está legalizada, lembra que os libros de socios, actas, cotas poden selarse no Goberno civil ou xulgado.

Queda agora inscribirse no Censo de entidades xuvenís e prestadoras de servizos a mocidade na Dirección Xeral de Xuventude, iso no caso de que queiras optar ás subvencións que oferta a Xunta de Galicia..

Lexislación

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo ( B.O.E. num. 73 de 26 de marzo), reguladora do Dereito de Asociación.

Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro nacional de asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións.

 

Enlaces