Volver ao contido

Europa pon ao alcance da mocidade unha gran variedade de programas e alternativas que permiten viaxar, traballar, facer voluntariado nos distintos países de Europa.

 

Programas Europeos para a mocidade

 

información sobre a unión europea

Traballar en Europa

Hai diversos medios, tanto públicos coma privados, que nos facilitan encontrar ofertas de formación e traballo en distintos países da Unión Europea.

Abracaxove - Recursos para a mocidade: Xuventude en movemento

Guía Estudiar e traballar en Europa - Injuve

 

Servizo de Voluntariado Europeo

É unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que a mocidade voluntaria mellora ou adquiere competencias para o seu desenvolvemento personal, educativo e profesional, así como para a súa integración social. Para participar, so debes ter entre 18 e 30 anos e residente nalgún país da Unión Europea ou país socio. Os voluntarios/as desenvolven a súa actividade nun país distinto do seu de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un periodo determinado en beneficio da comunidade.

 

Viaxar por Europa

Podes atopar múltiples e económicas alternativas para viaxar por Europa, pero sempre é convinte que te informes das peculiaridades de cada país.