Volver ao contido

Carnés para a mocidade

Carné Xove

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)

Persoas beneficiarias

Todos os mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive, da Unión Europea.

Expedición

É preciso cubrir unha solicitude e presentar o DNI na Oficina de Información e Animación Xuvenil. Debes tamén pagar 6 € en calquera banco ou caixa co impreso de autoliquidación de taxas. Pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado xunto coa tarxeta bancaria.

 

 

Carné de Alberguista

Trátase dun carné válido para utilizar en todos os albergues nacionais e internacionais. A vixencia é de un ano.

Persoas beneficiarias

Todo o mundo pode ser beneficiario deste carné, estando divididos na categoría xove para os menores de 30 anos e na categoría adulto para os maiores.Tamén se poden facer carnés por grupo, familiares e para visitantes estranxeiros.

Expedición

É necesario a presentación do DNI ou pasaporte e o abono do seu importe, nun dos centros expendedores. O prezo dependera da idade e do carné, estando así establecidos:

  • Xove (de 14 a 29 anos): 6 €
  • Adulto (+ 30 anos): 13 €
  • Grupo (número mínimo 10 persoas): 16 €
  • Familiar (matrimonio e fillos): 21 €
  • Visitante estranxeiro (sen limite de idade). Selos de benvida: 3,5 € (adquírense no albergue)

Este carné poderáse solicitar nos propios albergues e no Centro Coordinador de Santiago (Praza do Matadoiro s/n).

 

 

Carné de estudante internacional (ISIC)

É o único carné de estudiante recoñecido internacionalmentee e os seus posuidores son membros dun clebe global. Este carné ofrece ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo.

Ten unha duración de 16 meses, dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte.

Persoas beneficiarias

Calquera estudante a tempo completo maior de 12 anos, tanto de instituto como de Universidade.

Expedición

É necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné, acreditar que é estudante a tempo completo nun curso académico recoñecido oficialemente, presentando o resgardo da matrícula, e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano  é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadorio s/n).

 

 

Carné Internacional de Profesor (ITIC)

É un carné destinado ao profesorado que estea traballando a tempo completo, e que lle permite benificiarse de servizos, descontos e ofertas, tanto no propio país como fóra del. Ten unha duración de 16 meses, dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte.

Persoas beneficiarias

Profesorado empregado como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialemente.

Expedición

É necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné, acreditar que é profesor/a a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialemente, e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadoiro s/n)

 

 

Carné Internacional para non estudantes (International Youth Traveller Card)

 

É un carne destinado a mozos e mozas non estudantes de menos de 31 anos que lles reporta miles de beneficios: servizos, descontos e ofertas tanto no teu país coma fóra del. Poderás obter descontos dende billetes de avión, hoteis ata entradas de cine. Ten unha vixencia de un ano dende a súa emisión.

Persoas beneficiarias

Mozos e mozas menores de 31 anos e que non sexan estudantes.

Expedición

Para conseguilo, é necesario presentar o DNI, unha fotografía tamaño carné e o resgardo do impreso de autoliquidación de taxas, por un importe de 9 €. O centro de expedición máis cercano é o Centro Coordinador de Santiago de Compostela (Pz. Matadoiro s/n)

 

 

Información para obter os vosos carnés:

 

Para cubrir estes impresos necesitas ter en conta estes códigos:

Consellería de Traballo e Benestar: Cód. 14

Delegación da Coruña: Cód. 10

Servizo de Xuventude e Voluntariado: Cód. 3

 

Concepto e Clave:

36.31.01 Carné Xove

36.32.01 Carné Alberguista xove

36.32.02 Carné Alberguista adulto

36.32.03 Carné Alberguista  grupo

36.32.04 Carné Alberguista familiar

36.32.05 Carne Alberguista para estranxeiros

36.32.06 Carné teacher (ITIC)

36.32.07 Carné Internacional xove (IYTC)

36.32.08 Carné Student (ISIC)

Viaxar

Albergues Xuvenís: Un albergue xuvenil é un lugar que da aloxamento e intercambio cultural entre mozos e mozas de distintos países. Os hóspedes rentan unha cama ou liteira nun dormitorio que comparte baño, cociña e salón. Os principais beneficios dun albergue son en primeiro lugar o baixo prezo de aloxamento e a opción de coñecer ós demais viaxeiros de todo o mundo.

O CouchSurfing é un servizo internacional de hospedaxe de balde, con base e funcionamente na rede. Un servizo similar pódelo atopar en hospitalityclub.

AEGEE: é unha organización sen afiliación política, aconfesional e sen ánimo de lucro que  promove o espíritu europeo e  fomenta a imaxe dunha Europa unida, abierta e sen fronteras a través de proxectos, viaxes, grupos de traballo, intercambios culturais e actividades nas que colaboran universitarios de toda Europa.

AIESEC: é unha organización global, apolítica, sen ánimo de lucro formada por xóvenes profesionais e  estudantes de institucións de educación superior, que promove os intercambios por Europa.

Actividades en Galicia

Campamentos de verán: As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

Actividades nas illas atlánticas

Turismo activo en Galicia

Actividades de ocio en Galicia

Guía de ocio infantil en Galicia: Campamentos, actividades ó aire libre, teatro... todo para os máis pequenos.

Actividades aire libre na provincia da Coruña: Paxina web onde atopar aloxamento, actividades... na provincia da Coruña.

Existen moitas rutas de senserismo interesantes en Galicia. Podes atopar moitas delas en wikiloc.

propostas culturais en galicia

Rede de cines en Galicia

 

Rede de teatros AGADIC: Rede de teatros de Galicia

Cultura Compostela: Aquí poderas atopar actividades culturais en Santiago de Compostela.

Museos Galicia: Rede de museos de Galicia