Volver ao contido

VOLUNTARIADO

O voluntariado é un acto altruísta, solidario e desinteresado que realiza unha persoa como forma de participación da sociedade na atención de necesidades doutras persoas ou do medio, podendo colaborar en moitas áreas de actuación: medio ambiente, infancia, terceira idade, xuventude, patrimonio cultural, educación, cultura, defensa dos dereitos humanos,... Podes facelo mediante a participación nunh asociación sen ánimo de lucro, ou participando directamente nos programas de voluntariado das administracións públicas e doutros organismos oficiais.

Lei do Voluntariado en España

Lei de acción voluntaria de Galicia

 

 

Abracaxove - Recursos para a mocidade: O teu tempo, o noso tempo

 

Cooperación Internacional

No ámbito da cooperación internacional, os voluntarios e voluntarias participan e desenvolven programas no terceiro mundo ou naqueles sitios onde se necesita apoio por razóns de urxencia. A cooperación internacional canalízase a través das Organizacións non Gobernamentais (ONG).

Pódese actuar como voluntario, sen percibir contraprestación económica, ou como cooperante, contratado por unha ONG que desenvolva o seu traballo mediante proxectos de desenvolvemento no estranxeiro.