Campamento de verán 2025

Publícase a listaxe de solicitudes para o Campamento de Verán 2025, realizadas dentro do período de inscricións. - Listaxe de inscricións para o Campamento de Verán 2025 - Concello de Rianxo

Campamento de verán 2025

Listaxe de inscricións para o Campamento de Verán 2025

Publícase a listaxe de solicitudes para o Campamento de Verán 2025, realizadas dentro do período de inscricións.

Publícase a listaxe de solicitudes recibidas dentro do prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025. Recomendámosche revisar que os teus datos sexan correctos.

Se non apareces na listaxe, ou se detectas erros ou omisións nos datos, contacta co Servizo de Xuventude no teléfono 664 181 401 ou no correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal.

O xoves 29 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión por instalación e, de ser o caso, a listaxe de solicitudes que deberán ir a sorteo.

Ao non acadarse o mínimo de 25 prazas para cada liña de autobús, non se realizará o servizo.

As solicitudes presentadas a partir do 27 de maio pasarán á listaxe de reserva, respectando a orde de inscrición.

Se finalmente non vas facer uso da praza adxudicada (Campamento ou Plan Madruga), pregamos que o comuniques canto antes, para facilitar a xestión e reasignación das prazas dispoñibles.