Anuncios

Anuncios - concelloderianxo

Anuncios

ANUNCIO De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do BORRADOR DA ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE RIANXO, solicítase a opinión...

O REGULAMENTO DO REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES ASOCIATIVAS DE RIANXO foi aprobado inicialmente na sesión do Pleno da Corporación o 25/01/2018. Tras o período de exposición ao público, ao non producírense reclamacións, o texto dáse por aprobado definitivamente e publícase para o seu xeral coñecemento, en cumprimento do artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime...

O Pleno do Concello de Rianxo, en sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2018, acordou a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas. En cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, sométese o expediente a información...

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo vén de autorizar a aplicación das tarifas máximas para o transporte urbano en taxi para Rianxo. Tarifas máximas de taxi do Concello de Rianxo

A comisión informativa de Facenda e Participación, na reunión do luns 24 de xullo, acordou a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas. Entre os acordos acadados, decidiuse: A exposición na web municipal por un prazo de 45 días para que todas as persoas interesadas poidan participar na súa elaboración e achegar suxestións e valoracións ao texto que se...

Diante das moitas incidencias co servizo da enerxía eléctrica destes últimos días, achégase un posíbel modelo de reclamación diante da empresa maioritaria no subministro Gas Natural Fenosa. Outras canles de reclamación pódense realizar nas oficinas de información ao consumidor como a de Boiro ou directamente ao Instituto Galego de Consumo no teléfono de balde: 900 231 123 OFICINA DO CONSUMIDOR...

En cumprimento da Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Concello de Rianxo publica no seu portal de transparencia o Período medio de Pago (PMP) trimestral. O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do PMP a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. ...

A Conta Xeral de 2015 formouse pola Intervención Municipal e informouse favorablemente o 20 de outubro de 2016 pola Comisión Especial de Contas cos estados e a documentación complementaria. Ábrese un prazo de exposición pública de quince días a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Durante o dito prazo e oito máis os interesados lexítimos poderán formular as...

O 28/07/2016 aprobouse inicialmente polo Pleno o Orzamento de 2016. O expediente someteuse a exposición pública mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios e no BOP núm. 144, do 01/08/2016 e rematou o 19/08/2016 sen que se presentasen alegacións ningunhas. De acordo co artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei das...

Aprobado inicialmente en sesión ordinaria de Pleno deste Concello, de data 28 de xullo de 2016, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e o persoal de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2016, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e o artigo 20 do...

O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do período medio de pago a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. Segundo trimestre de 2016 - Concello de Rianxo Código de Entidade Entidade Ratio de Operaciónes Pagadas Ratio de Operaciónes Pendentes de ...

O Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo desenvolve a metodoloxía do cálculo do período medio de pago a fornecedores das Administracións Públicas para que o fagan público nun exercicio de transparencia. Os datos do primeiro trimestre de 2016 son os que seguen. O histórico está dispoñible na sección de Transparencia deste mesmo sitio web. Primeiro trimestre de 2016 - Concello de Rianxo ...

Informamos da actuación realizada pola Brigada de Obras do Concello que permitiu coa colaboración veciñal levar auga a máis de 35 vivendas da contorna da Laxe en Taragoña, a engadir a catro vivendas conectadas tamén á rede de saneamento municipal. Isto tamén permitirá o subministro de auga ao campo municipal de Fútbol da Laxe, onde se realizaron tamén actuacións de canalización duns pluviais...

Sumándonos ao chamamento da Federación Galega de Municipios, Rianxo fará un minuto de silencio hoxe ás 12 h, fronte o Concello. Solidarios con todas as vítimas do terrorismo.

Domingo 15 de novembro diante do Concello ás 12.30 h concentración silenciosa contra a violencia e en solidariedade vítimas de Paris e outras acontecidas nas últimas horas.

Hoxe domingo ás 20 horas convócase unha concentración en repulsa do asasinato machista de Moraña diante do Concello de Rianxo.

O Concello de Rianxo convocou un Pleno Extraordinario para as 12.30 horas do xoves 23 de xullo con motivo do pasamento do concelleiro Ricardo Besada Gesto. As bandeiras ondearon a media hasta no día de onte e suspendéronse as actividades extraordinarias.

Publícase a Resolución de Alcaldía nº 424/2015 de aprobación do expediente de operación de Tesouraría 2/2015 Resolución de Alcaldía 424/2015

Co motivo do pasamento de Carlos Gey Hermo, Tentente de Alcalde do Concello de Rianxo, suspéndense todas as actividades extraordinarias programadas para esta fin de semana.

En cumprimento da Lei 37/2003 e segundo o disposto nos Reais Decretos 1367/2007 e 1038/2012, exponse ao público o Mapa estratéxico de ruído para a zona de Barbanza-Noia promovido pola Consellería de Medioambiente, Terriotrio e Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Oficio Documento resumo do Mapa estratéxico do ruído AG-11 enlace N-550 - AC-50 xullo 2014

Convocamos para o día de mañá, venres 26 de xullo, cinco minutos de silencio ás 12 do mediodía fronte a Casa do Concello, na Praza Castelao, en recordo dos falecidos e como mostra de dó de todos os concellos galegos e da Federación galega de municipios e provincias (FEGAMP). Pregamos a asistencia da veciñanza de Rianxo.

— Resultados por páxina
Mostrando 21 resultados.