Servizos Sociais

Servizos Sociais - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

​O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla o aloxamento en balneario, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 10 días. O desenvolvemento das quendas terá lugar durante o período comprendido entre os meses de abril e decembro de 2017. REQUISITOS DAS PERSOAS...

Vídeo de presentación da vindeira xornada do Campus familia 2017, o venres 17 de marzo.  

Co gallo do Día Internacional da Muller, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, Hadriana Ordóñez Otero, Convidan ao Pleno: 1. A acudir o IES Féliz Muriel o día 8 de marzo ás 12.00 h para a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 4º da ESO. Será lido ante o mural pola igualdade, no corredor. A continuación farase o...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social para o ano 2017 REQUISITOS Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia Ser o/a pagador/a da correspondente factura de...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables   Requisitos Que os ingresos totais de todas as persoas que conviven no domicilio no momento de presentar a solicitude, non superen o IPREM (6.390,13 € anuais) na declaración...

A Área de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo organiza a actividade de “Campamento Nadal 2016” dirixido a rapaces e rapazas do Concello de Rianxo, con idades comprendidas entre o 3 e os 10 anos. Esta actividade desenvolverase desde o 26 de decembro de 2016 ao 4 de xaneiro de 2017, de luns a venres, e en horario de 10:00 h. a 13:00 h., nas dependencias do CEIP “A.D.R....

O Concello de Rianxo subscribiu un acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a súa adhesión ao convenio de colaboración entre este organismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co fin de desenvolver o Programa de Vivendas Baleiras no ámbito do plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020. Bando informativo Bando...

Dentro da programación do 25 N, este sábado día 12  no Auditorio de Rianxo,  Obradoiro de Teatro en Familia, " Eu (nós) decidimos"  para nenos e nenas de  6  a 9 anos. Dirixe Esther F. Carrodeguas Organiza Concello de Rianxo. Inscricións: Servizos Sociais Comunitarios Ctra. Tanxil, 12 - Rianxo Telfs. 667185588 // 981 86 00 61

A Consellería de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, dirixido ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal e poidan así pasar estas datas acompañadas doutras persoas que se atopan na mesma situación. O programa contempla o aloxamento durante 11 días (10 noites), manutención en réxime de pensión completa, actividades de animación...

Por motivo do 25 de Novembro dende o concello estanse a organizar unhas  actividades dirixidas a todos os grupos de idade. Serán de valde e requiren de inscrición previa. Máis información: *Servizos Sociais Comunitarios ( Ctra. Tanxil, 12 //981860061)

O Concello de Rianxo está a iniciar, a través da asesoría técnica de SENES Desenvolvemento Comunitario, o proceso de elaboración e posta en marcha do: II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO Solicitamos a súa colaboración nesta primeira fase de diagnose a través do cumprimento dunha ENQUISA  que servirá como punto de partida para a realización da mesma e...

O Concello de Rianxo colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para desenvolver o programa de Vacacións en Paz no próximo ano 2017. A finalidade do dito programa é que os nenos e nenas saharauis pasen os meses de verán (xullo e agosto) en Galicia con familias acolledoras, evitando a súa permanencia nos campamentos durante os meses de maiores temperaturas. As persoas...

Servizos Sociais do Concello de Rianxo está organizando para o mércores 14 de setembro o XANTAR FESTEIRO para as persoas maiores. O prazo para incripcións e recollida de invitacións estará aberto ata o próximo luns día 12.

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias para atender no domicilio a nenos e nenas menores de 3 anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e as responsabilidades familiares.   Tipo de axuda Unha achega económica (de contía variable en...

Finalidade da tarxeta Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.   Titulares Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. A tarxeta acreditativa de grao de discapacidade é un documento persoal e intransferible que serve de documento...

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo contan, para o seu desenvolvemento no ano 2016, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña a través do Plan de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.  

O Concello de Rianxo conta con financiamento da Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento, durante o ano 2016, do programa de Xantar na Casa. O dito financiamento realízase a través da convocatoria do programa de subvencións para o mantemento de servizos sociais.

O Concello de Rianxo conta para o desenvolvemento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e para o Servizo de Axuda no Fogar (Dependencia) con financiamento da Xunta de Galicia, a través do Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais.

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas para sufragar parte dos gastos de estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.   Tipo de axuda: 35 € por persoa e estadía para nenos/as de 12 anos ou máis e persoas adultas. 37,50 € por persoa e estadía para os/as menores de 12...

A presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017 , estendéndese ata o venres 17 de xuño de 2016. Se a pasada tempada dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar unha nova solicitude, posto que o Imserso lles remitirá ó seu domicilio a carta para a renovación dos datos. No caso de acceder por primeira vez ó...

 O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos (DOG n.º 82 do 29/04/2016)   TIPO DE AXUDA Unha cantidade mensual para contribuír ó pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período...

O Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade ven de renovar a guía de axudas sociais para as familias durante o ano 2016. Guía de axudas 2016

Ábrese un novo prazo de inscrición ata o 29/04/16 para participar no Campus Familia. O Campus Familia desenvolvese todos os sábados no Auditorio de 11:30 a 13:00h. As inscricións faranse no Rexistro Xeral do Concello. Para máis información: Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12) 981860061  

Durante semanas, vimos nas redes sociais, televisión, prensa e na propia rúa a celebración do 8 de marzo. Desde o Concello de Rianxo, recordamos que esta non é unha data para celebrar na que nos feliciten ás mulleres por sermos traballadoras, senón que é un día de lembranza das 146 mulleres que morreron nunha fábrica téxtil de New York demandando melloras na súas condicións laborais. ...

En conmemoración do día internacional da muller, o vindeiro domingo 13 a continuación do acto institucional diante do Concello, ás 13:30h realizarase na rúa de Abaixo (diante do Museo Manuel Antonio) o Museo Vivente dos Oficios Invisibles por iniciativa veciñal. A rúa de abaixo converterase nun pequeno Museo vivente onde se homenaxeará a todas as mulleres que durante anos, e tamén no presente,...

A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade considera de gran interese a Escola de Familias e ábrese ao público xeral a participación en sesións gratuítas con expertos e expertas no ámbito. As seguintes charlas desenvolveranse os venres ás 19:30 no Auditorio Municipal.   - 11 de marzo. QUERERSE BEN: afecto, apego e relacións. Experta: Sandra Mª Fernández Román. - 6 de...

Este venres 12 de Febreiro ás 20:30h no Auditorio de Rianxo, terá lugar a estrea da Obra 'Escenas de Familia'. Esta é unha obra dirixida por Sther F. Carrodeguas (Rianxo) está fundamentada na potenciación de capacidades das persoas desde unha perspectiva inclusiva, dado que foi creada e será escenificada por persoas con discapacidade da Aula Ocupacional Municipal de Rianxo e persoas sen...

Ampliase o prazo de inscrición para o Campus Familia: Escola de Nais e Pais presencial e virtual, ata o vindeiro xoves 21. Os contidos que se traballarán serán os seguintes: - Saber relacionarse: Habilidades sociais. - Saber ser: Educación en valores - Saber estar: Límites, normas e responsabilidade - Quererse ben: Afecto, apego e relacións - Somos diferentes: Coeducación - O "botrato"...

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda establece unha liña de axudas para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar. TIPO DE AXUDA A contía da axuda será de 150 € mensuais, ata un máximo de 12 meses, prorrogables PERSOAS BENEFICIARIAS Persoas que afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por non pagar a renda de alugueiro por motivos económicos ou...

Dende a concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade ponse en marcha o CAMPUS FAMILIA, unha escola de crianza para nais e pais, coidadores e coidadoras. Tratarase de acompañar ás familias no seu proceso de mellora e aprendizaxe de novas ferramentas para unha crianza e educación consciente, responsable e satisfactoria: impulsando o crecemento. As e os participantes serán capaces de:...

Dende a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade ponse en marcha a campaña de nadal "31 crianzas, 31 agasallos"  Para participar só hai que deixar un agasallo mercado nos comercios colaboradores: - Cambeses - Don Dino - Libraría Ben          - Libraría Cándido - Xacobiño A campaña durará ata o 4 de xaneiro, xa que o día 5...

Este domingo 29 ás 12:00h, diante do Concello, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza con motivo do 25N un acto institucional onde participará a coorporación municipal e todas aquelas persoas que desexen ler un texto afín á temática. O acto será acompañado musicalmente por Iago Hermo.

O prazo para inscribirse no Obradoiro de Expresión Teatral: Expresar-T ampliarase ata o próximo venres. Se estas interesado/a en asistir aínda estas a tempo.

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza un obradoiro de expresión teatral grazas a unha doazón da Obra Social "La Caixa". Vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas neste obradoiro e contará coa participación dos alumnas e alumnos  da Aula Ocupacional Municipal. Máis información / inscricións :  Servizos Sociais Comunitarios: Crta. de Tanxil, 12 ...

Hoxe as 19:45 h no Centro Sociocultural de Rianxo e previo a Charla-coloquio: Prostitución e violencia de xénero, haberá unha concentración en repulsa polas últimas mortes de mulleres vitimas de  violencia de xénero.

O Concello de Rianxo vén de recibir unha doazón da entidade La Caixa, a través da súa Obra Social, de 3.000€ destinada a Aula Ocupacional Municipal.  

Ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra en Siria o concello de Rianxo, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, e en colaboración con outras administracións públicas da nosa CC.AA. está traballando no Plan de acollida da poboación Siria refuxiada. Unha das primeiras medidas é a de realizar un inventario de recursos, tanto materiais como de...

A Deputación da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro 2015 “ Día contra a violencia de xénero” convoca os seguintes premios: ·          Premio Concepción Arenal 2015: proxectos educativos pola igualdade de xénero Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades...

O Concello de Rianxo ven de convocar as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o curso escolar 2015-2016.  Beneficiarios/as Alumnos/as que cursen estudios de Educación Infantil. As axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar van destinadas ós alumnos/as matriculados/as nos cursos de Educación Infantil, sempre que reúnan os requisitos...

O Concello de Rianxo comunica a cancelación da xornada programada para hoxe Grupos de Axuda Mutua ( GAM), Unha metodoloxía eficaz para a erradicación da pobreza.

A Consellería de Política Social, organiza e convoca este programa dirixido ás perosas maiores que se atopen soas destas datas. O programa contempla o aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa, durante 11 días ( 10 noites). Datas: Entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro. Lugares: Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) Requisitos: Ter que pasar só/as as datas do...

Dende o Concello de Rianxo pídese a colaboración veciñal para axudar nos campamentos de refuxados saharauis ante as recentes inundacións.

A entidade FAGAL, en colaboración con AGADEA, organiza o curso “Xuntos nos coidados” no Concello de Rianxo. A formación está dirixida a coidadoras/es non profesionais de persoas con demencia. O obxectivo do curso é o de achegarlle ás familias coidadoras de persoas enfermas de Alzheimer ou outras demencias, formación e información para afrontar os coidados.   Días: 17, 18, 19 e 20 de...

Martes 3 de novembro de 10:00 a 14:00 no salón de Actos do Auditorio  Municipal. A formación será impartida polo Dr. I.Ambalavanam, director de proxectos da ONGD India PDI e por María Reimóndez, fundadora de Implicadas no Desenvolvemento, ambos expertos na metododoloxía GAM. Entrada Libre ata completar aforo.  

Boas prácticas.   A través desta iniciativa, UNICEF Comité Español e os seus aliados no “Programa Ciudades Amigas de la Infancia” premian accións e proxectos promovidos polos Gobernos locais ou por entidades sociais (centros educativos, asociacións, fundacións, sindicatos, empresas...) co obxectivo de impulsar o benestar da infancia e da adolescencia.   O Certame de Boas...

Dende o Concello de Rianxo unímonos en repulsa dos últimos acontecementos de violencia de xénero e invitámosvos a asistir á concentración que hoxe mércores 7 de outubro se vai a facer diante da Casa do Concello ás 20 horas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha liña de axudas para paliar os efectos dos desafiuzamentos por non pagamento das rendas de alugueiro   TIPO DE AXUDA Axuda económica para asumir o custo do alugueiro da vivenda habitual, a unidades de convivencia respecto das cales xa fora ditada unha resolución xudicial de terminación do proceso de...

Servizos Sociais precisa voluntarios/as para recollida e traslado de alimentos. Si estás interesado/a en participar, non dubides en preguntar. Prazo: 28 de setembro + información: Servizos Sociais ( Ctra. Tanxil, 12) Telfs: 981 86 00 61 / 667 185 593 correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal

  Con motivo das Festas de Guadalupe o Concello de Rianxo a través da concellalía de Benestar Social Igualdade e Diversidade celebrará o vindeiro mércores, 16 de setembro un xantar para as persoas maiores. Lugar: Restaurante Tanxil. Menu: Entremeses ( empanada e croquetas caseiras)            Merluza a galega ...

A Consellería de Economía e Industria mantén aberta a convocatoria de subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do ticket eléctrico social para o primeiro semestre de 2015.   Requisitos Ter fillos menores de 18 anos a cargo Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora e...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 101 - 150 de 196 resultados.